Río Grande, ría de Camariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río da Ponte ou do Porto
A Ponte do Porto.jpg
A Ponte do Porto
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoPico de Meda, Vilarqueimado
Lonxitude40 km
Conca305 km²
DesembocaduraRía de Camariñas
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia ria de camarinnas.svg
Cuncas dos ríos que desembocan na ría de Camariñas, en azul

O río Grande, río do Porto ou río da Ponte é un río galego da vertente atlántica que nace no Pico da Meda, na parroquia de Santa Sabiña.[1]

Nome[editar | editar a fonte]

Nos mapas de Galicia anteriores ao século XIX o río aparece denominado como río da Ponte. Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1834) aparece como "río del Puerto", denominación habitual a partir dese momento. Nun traballo de Ramón Otero Pedrayo en A Nosa Terra (1925) aparece por primeira vez a denominación en galego río do Porto.

A primeira mención ao nome "río Grande" é no Mapa Topográfico Nacional de 1959.

Descrición[editar | editar a fonte]

Percorrido

Percorre 40 km polos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Camariñas. As principais localidades que atravesa son Baio e A Ponte do Porto.

Afluentes

Recibe as augas dun bo número de regatos como o río do Sisto, o río de Zas ou de Lamas e o río de Vilar ou de Xora.

Intervención humana[editar | editar a fonte]

No río do Grande atópanse os batáns de Mosquetín. Entre as pontes que o cruzan destaca a de Baio.

Próximo á desembocadura aproveitouse un forte desnivel para construír un encoro, do que sae unha canle cara á central de Carantoña.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Grande,_ría_de_Camariñas&oldid=4836291"