Río Grande, ría de Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°29′42″N 07°03′30″O / 43.49500, -7.05833

Río Grande
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo.jpg
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo.
PaísGalicia Galicia
NacementoA Fórnea, Trabada
Lonxitude22 km aprox
Conca60,44 km2
Caudal medio1,4 m³/s
DesembocaduraRía de Ribadeo
Perfil altimétrico do río Grande

O río Grande é un río da provincia de Lugo.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace nos montes de Trabada, preto da aldea da Fórnea (43°28′8″N 07°12′54″O / 43.46889, -7.21500, correspondente ao mesmo concello). Fai unha pequena incursión no concello de Barreiros (atravesando a parroquia de Vilamartín Pequeno, e pasando pola de Cabarcos) e atravesa o de Ribadeo, regando as parroquias de Arante e A Devesa (onde se atopa o encoro de Vilamariz sobre o rego de Lexoso) , Covelas, Cedofeita, Vilausende e Ove[1]. Finalmente desemboca na marxe esquerda da ría de Ribadeo. Ten unha achega anual media de 43 Hm3/ano[2].

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os seus principais afluentes son o río Noceda e o río Pequeno pola esquerda (este último acólleo na súa desembocadura) e o rego de Arante pola dereita (43°29.78′N 07°8.53′O / 43.49633, -7.14217), lugar onde colle o nome de río Grande, despois de terse denominado río (ou rego de) Lexoso, constituído a partir do rego de Porto Bragán (ó xuntarse co rego das Teixeiras) e este, a partir do rego da Fórnea (ó xuntarse co rego de Cambite).[1]

Servizos[editar | editar a fonte]

Mediante o encoro de Lexoso contribúe á subministración de auga potable a Ribadeo.

Hidronimia[editar | editar a fonte]

Algunhas fontes cartográficas intercámbianlle os nomes aos ríos Grande e Lexoso ou Grande e Arante dende os seus nacementos até o lugar da súa confluencia na Ponte na parroquia de Covelas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ordenadas de nacemento a desembocadura:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "VisorSigPac". sigpac.mapa.es. Consultado o 2017-01-20. 
  2. "FICHA ESTACIÓN DE AFORO Nº 430 - GRANDE RIBADEO" (PDF). Augas de Galicia. Consultado o 18/3/2017. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Grande,_ría_de_Ribadeo&oldid=4908648"