Humber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Río Humber")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O Humber (en inglés, The Humber) é un gran esteiro do mar do Norte afectado pola acción das mareas, localizado na costa leste do norte de Inglaterra. O esteiro Humber fórmase en Trent Falls, Faxfleet, pola confluencia do río Ouse e do río Trent, os niveis e fluxos destes ríos están influenciados pola acción das mareas no mar do Norte. Desde aquí até o mar do Norte, forma parte do límite entre East Riding of Yorkshire na súa marxe norte e North Lincolnshire na súa marxe sur. Debido a que o Humber é un esteiro en canto á zona na que se forma, non é correcto identificalo ou referirse a el como o río Humber.

Augas abaixo de Trent Falls, o Humber cruza a confluencia co Market Weighton Canal na súa marxe norte, a confluencia do río Ancholme na súa costa sur; entre North Ferriby e South Ferriby e pasa debaixo da ponte do Humber; entre Barton-upon-Humber sobre a súa marxe sur e Kingston upon Hull sobre a súa marxe norte (zona na cal se lle une o río Hull), e finalmente chega ao mar do Norte entre Cleethorpes polo lado de Lincolnshire e a longa e estreita franxa de terra que forma Spurn Head no norte.

Sobre o esteiro atópanse varios portos, tales como Hull, Grimsby, Immingham, New Holland e Killingholme.

O esteiro dá nome a un dos antigos reinos dos anglos, o Reino de Northumbria, situada ao norte do esteiro (Northumbria = «ao norte do Humber») que abarcaba o que hoxe é a rexión do Norte de Inglaterra e Lothian, en Escocia[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pellé, Clément. Historia de Inglaterra, Volumen 1, pág. 100. Impr. del Imparcial, 1844. En Google Books. Consultado el 31 de mayo de 2016.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Humber&oldid=4799265"