Río Iso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Iso
Ponte de Ribadiso da Baixo.jpg
Ponte sobre o río Iso
PaísGalicia Galicia
Lonxitude23 km
Conca166,5 km2
Caudal medio4,72 m³/s
DesembocaduraRío Ulla

O Iso é un pequeno río galego da provincia da Coruña, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Iso nace a 580 m de altitude, e logo dun percurso de 23 km, no que atravesa os concellos de Boimorto e Arzúa, únese ao Ulla no encoro de Portodemouros, contribuíndo con un caudal de 4,72 m³/s. A súa conca abranxe unha área de 166,5 km². Antes de desembocar, pero xa no encoro, sitúase no medio do río a illa da Altura.

Afluentes[editar | editar a fonte]

O seu principal afluente é o río Brandeso, que acolle pola beira esquerda.

Réxime[editar | editar a fonte]

O Iso é un un río de réxime pluvial.

Étimo[editar | editar a fonte]

O nome do Iso semella responder á raíz indoeuropea *eis- "correr velozmente", presente en gran número de ríos europeos: Isar, Isère, Ésera (en Aragón)..., e mesmo na Galiza no antigo nome do Xallas: Ézaro.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Iso&oldid=4987023"