Río Loira, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Loira
Loire à Bréhémont2.JPG
País Francia
Nacemento Mont Gerbier de Jonc no departamento Ardèche
Lonxitude 1.012 km
Conca 117.000 km²
Caudal medio 903 m³/s (en Nantes)
Desembocadura Océano Atlántico
France map with Loire highlighted.jpg]
Localización do río Loira en Francia.

O río Loira (La Loire en francés) é un río de Francia de 1020 quilómetros, o máis longo de Francia. Nace no Mont Gerbier de Jonc (departamento de Ardèche). A súa desembocadura esta no estuario de Nantes, na Bretaña histórica, agora departamento da Loire-Atlantique. A súa conca é de 117.000 km², a quinta parte do territorio de Francia.

O río Loira dá nome a seis departamentos de Francia (Indre e Loira, Loire, Haute-Loire, Loire-Atlantique, Maine-et-Loire e Saône-et-Loire), unha rexión (Pays de la Loire), e ao val de Loire, clasificado no ano 2000 como patrimonio mundial pola UNESCO. Nesta parte do Loira encóntranse unha morea de castelos dos reis de Francia.

Principais afluentes[editar | editar a fonte]

Estes son os principais afluentes empezando pola fonte:

  • O Río Padelle (E)
  • O Río Gazeille (D)
  • o Río Lignon du Velay (D) - 82 km
  • o Río Ance (E)
  • O Río Semène (D)
  • O Río Furan (D) - 36 km
  • O Río Vizezy (E)
  • O Río Renaison (E)
  • O Río Rhins (D) - 60 km
  • O Río Arroux (D) - 120 km
  • O Río Somme (D)
  • O Río Nièvre (D) - 53 km
  • O Río Allier (E) - 410 km
  • O Río Aubois (E)
  • O Río L'Oeuf (D)
  • O Río La Bionne (D)
  • O Río Loiret (E) - 12 km
  • O Río Beuvron (E) - 115 km
  • O Río Cosson (E)
  • O Río Cisse (D) - 81 km
  • O Río Cher (E) - 365 km
  • O Río Indre (E) - 276 km
  • O Río Vienne (E) - 359 km
  • O Río Thouet (E) - 140 km
  • O Río Authion (D) - 85 km
  • O Río Layon (E) - 90 km
  • O Río Èvre (G) - 89 km
  • O Río Erdre (D) - 92 km
  • O Río Sèvre nantaise (E) - 125 km
  • O Río Brivet (D) -

NB : D= Dereita E= Esquerda

Galería de imaxes do Loira[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Loira,_Francia&oldid=4918793"