Río Mandeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mandeo
MandeoAranga.jpg
Ó seu paso por Aranga.
País Galicia Galiza
Nacemento Marco das Pías[1]
Altitude 700 m
Lonxitude 56 Km
Conca 456 km2[2]
Caudal medio 23,88 m3 (febreiro) 1,16 m3 (agosto)
Desembocadura ría de Betanzos

O Río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.[3]

Afluentes[editar | editar a fonte]

O afluente principal do río Mandeo é o río Deo. Xúntanse entre os concellos de Curtis e Aranga, na Castellana. Os outros afluentes son: Portos, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil, Portabenzos e Zarzo.

Cultura[editar | editar a fonte]

No río Mandeo celébrase en agosto a romaría dos Caneiros.

Conservación[editar | editar a fonte]

Parte da zona que percorre é un espazo natural protexido desde 2004 coñecido como zona especial de conservación Betanzos - Mandeo.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carmen Delia Díaz (26/05/2017). La Voz de Galicia, eds. "Los mejores rincones del Mandeo". 
  2. masmar. "Río Mandeo y su afluente Deo:: Comarca de Betanzos. A CORUÑA". Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  3. Proxecto Mandeo (eds.). "Proxecto Mandeo". riomandeo.com. 
  4. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Betanzos - Mandeo". Medio Ambiente e Sostibilidade: Espazos Protexidos. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Mandeo&oldid=4830329"