Río Marne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marne
Bord de la Marne.jpg
Beiras do Marne en Noisy le Grand no departamento da Sena-San Denis.
País Francia
Nacemento Langres no departamento Alto Marne
Lonxitude 525 km
Caudal medio 110 m³.s-1 medida collida en Gournay-sur-Marne (Sena-San Denis)
Desembocadura Río Sena
Localización, curso do Marne en azul escuro.

O Marne é un río de Francia, afluente do Sena que rega unha rexión ao leste e sueste de París. O seu curso é duns 525 km. O río dá nome ao departamento de Marne; durante a Primeira Guerra Mundial disputáronse dúas importantes batallas ao longo do río.

O Marne nace na meseta de Langres, segue o seu curso cara ao norte ata que xira ao oeste entre Saint-Dizier e Châlons-en-Champagne, uníndose ao Sena en Charenton-le-Pont preto de París.

Departamentos e principais cidades atravesadas polo Marne[editar | editar a fonte]

  • Alto Marne (52) : Chaumont, Saint-Dizier
  • Marne (51) : Châlons-en-Champagne, Épernay
  • Aisne (02) : Château-Thierry
  • Sene e Marne (77) : Meaux, Lagny-sur-Marne, Torcy (Seine-et-Marne), Noisiel
  • Sena-San Denis (93) : Neuilly-sur-Marne, Noisy-le-Grand
  • Val do Marne (94) : Nogent-sur-Marne, Créteil, Charenton-le-Pont, Champigny-sur-Marne, Saint-Maur-des-Fossés, Joinville-le-Pont, Saint-Maurice

As beiras do Marne, terra de pintores[editar | editar a fonte]

Cadro de Paul Cézanne das beiras do Marne .

Xa no século XIX cando chegou a moda de pintar fóra (à l'air libre), nas beiras do Marne houbo moitos lugares, e en particular en Nogent sur Marne, onde era habitual ver os pintores instalados. A beiras do Marne inspiraron os pintores:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Marne&oldid=4324052"