Río Mera, río Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
río Mera
Altitude697
Lonxitude12,8 km
Concarío Miño
Cadea fluvialrío Miño

O río Mera chega pola marxe dereita ao río Miño, no termo da parroquia lucense de Orbazai.

Curso[editar | editar a fonte]

Ten o seu nacemento preto do cordal do Chao cunha aba duns 697 metros (cerca do Monte das Bestas), na parroquia de Santalla de Bóveda de Mera ou na parroquia de Vilachá de Mera, segundo outros autores. Aínda existen na actualidade certas discrepancias entre o nacemento do citado río, xa que a confusión do regato de Mera e mailo río do mesmo nome fan pensar entre as xentes do lugar que o río orixinal é un afluente do regato; e que este é o río orixinal.[Cómpre referencia]

O longo do percorrido (uns 12 Km. con 800 metros) recibe as augas de varios regatos (un deles co mesmo nome, o que fai que durante o seu curso reciba outras denominacións) mentres flúe de suroeste a nordés ata chegar a Orbazai, onde ademais de outros, recibe o regato do Mera.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Mera,_río_Miño&oldid=4830319"