Río Oja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Oja
Puente sobre el río Oja en Santo Domingo de la Calzada.JPG
PaísEspaña
NacementoSerra da Demanda (A Rioxa)
Altitude2.000
Lonxitude64,9 km
Conca1.270 km²
DesembocaduraRío Tirón
O río Oja o seu paso por Casalarreina.

O Oja é un curto río do norte de España, un afluente do río Tirón que dá nome á comunidade da Rioxa e á veciña comarca da Rioxa Arabesa, segundo unha das teorías sobre a orixe deste nome. Nace na serra da Demanda, no monte das Herguijuelas, xunto ao porto da Demanda, a uns 2.000 msnm. Pasa por Posadas, Ayabarrena, San Antón, Zaldierna, Ezcaray, Ojacastro, Santurde, Santo Domingo de la Calzada, Villalobar, Baños de Rioja, Castañares, Casalarreina, e desemboca no río Tirón antes de chegar a Anguciana, preto da localidade de Cihuri.

Tamén se lle denomina La Hilera ou río Glera, termo este último que significa acumulación de cascajo. Esta característica da canle fai que este practicamente desapareza en Ojacastro e volva aparecer en Castañares.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Oja&oldid=4918760"