Río Pambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Río Pambre
Río Pambre 2I2015 02.JPG
Río Pambre ó pé do Castelo de Pambre, en Palas de Rei, Lugo.
País España España
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Nacemento Xunta dos regos de Gándaras e de Laia, en Ponterrosa [1][2]
Altitude 435 m [1]
Desembocadura Río Ulla
Altitude desembocadura 339 m
Cadea fluvial Río Pambre,
Río Ulla
Hidrogalicia rio ulla.svg
Conca do Río Ulla marcada en azul escuro

O río Pambre é un afluente do Río Ulla pola marxe esquerda. Nace na serra do Careón. Fai de límite entre os concellos de Melide e Palas de Rei, ao mesmo tempo que limita as provincias de Lugo e da Coruña.

Características[editar | editar a fonte]

É un gran río troiteiro[Cómpre referencia] sendo famosas as súas especies fora da súa comarca. Ten un gran número de muíños, sendo un dos mais famosos é o que leva o seu mesmo nome (Muíño de Pambre). Na marxe dereita encóntrase o Balneario de Pambre, distante tan só uns metros do leito do río; pola marxe esquerda encóntrase o Castelo de Pambre, situado moi preto da súa desembocadura no Ulla.

O longo do seu curso crúzano as pontes de Ponte Campaña, Ponte Sambreixo, Ponte de Pambre e Ponte de Macara, nas proximidades da desembocadura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Instituto Geográfico Nacional de España. "GoolZoom - Cartografía Raster" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 10/04/2016. 
  2. Instituto Geográfico Nacional de España (1948). "GoolZoom - Topográfico MTN50" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de la primera edición del MTN50 del IGN ed.). 1:50.000. MTN50 (en castelán). Consultado o 10/04/2016. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Pambre&oldid=4384029"