Río Po

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Río Po
Po bei Manova.jpg
País Italia
Lonxitude 652 Km
Caudal medio 1.540 m³/s
Desembocadura Mar Adriático
LocationPoRiver.PNG

O río Po, antigamente coñecido como río Padus, transcorre ao longo de 652 quilómetros de oeste a leste, a través do norte de Italia. Na súa extensión desde os Alpes ao Mar Adriático, preto de Venecia, a súa conca hidrográfica ocupa unha área de 71.000 quilómetros cadrados.

Características[editar | editar a fonte]

É o río máis longo de Italia e atravesa varias cidades importantes, incluíndo Turín e indirectamente Milán. Nesta última cidade ingresa nunha serie de canais denominados navigli, feito que lle dá un aspecto moi característico á zona.

En chegando ao final do seu curso, o río forma un delta con centos de illas, sendo as máis importantes Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro. Na parte sur do delta está situada Comacchio, unha zona coñecida pola existencia de anguías.

O largo val que existe ao redor do Po denomínase chaira Padana (Pianura Padana), estando tan ben conectado polo río que sobre o mesmo se desenvolveu a principal área industrial do país.

Principais afluentes[editar | editar a fonte]

ío Varaita (desde a marxe dereita)

  • Río Maira (marxe dereita)
  • Río Pellice (marxe esquerda)
  • Río Dora Riparia (marxe esquerda)
  • Río Stura di Lanzo
  • Río Orco
  • Río Dora Baltea
  • Río Sesia
  • Río Tanaro (marxe dereita)
  • Río Scrivia (marxe dereita)
  • Río Agogna (marxe esquerda)
  • Río Ticino (marxe esquerda)
  • Río Lambro (marxe esquerda)
  • Río Trebbia (marxe dereita)
  • Adda (marxe esquerda)
  • Río Nure (marxe dereita)
  • Río Arda (marxe esquerda)
  • Río Taro (margxe esquerda)
  • Río Parma (marxe esquerda)
  • Río Enza (marxe esquerda)
  • Río Oglio (marxe esquerda)
  • Río Mincio (marxe esquerda)
  • Río Secchia (marxe dereita)
  • Río Panaro (marxe dereita)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Po&oldid=4828029"