Río Ródano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ródano
Rhône, château de Beaucaire.jpg
O río o seu paso por Beaucaire.
PaísSuíza Suíza
Flag of France.svgFrancia
NacementoGlaciar do Ródano (Alpes suízos)
Lonxitude812
Conca95.500
Caudal medio1.820
DesembocaduraMar Mediterráneo
Rhone bassin versant.png
Conca de drenaxe do río Ródano

O Ródano (en alemán: Rhone ou Rotten, en francés: Rhône, francoprovenzal: Rôno, en occitano: Ròse ou Roine) é un importante río europeo. Desde o seu nacemento nos Alpes até a súa desembocadura no mar Mediterráneo percorre 812 quilómetros, dos cales 231 km discorren por Suíza e 581 por Francia. Deu nome aos departamentos de Ródano e de Bocas do Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Ródano nace en Suíza, na Furka, no macizo de San Gotardo, a 1.753 m de altitude, atravesa o lago Léman, despois discorre por Frnacia e desemboca nun delta no Mediterráneo. Discorre primeiramente nunha dirección leste-oeste (a súa parte máis alta corresponde ao cantón de Vallais; en Martigny o seu leito estréitase moito e remonta cara ao norte antes de embocar no Léman; sae polo cantón de Xenebra, onde recibe o Arve, despois penetra en Francia; o trazado do seu curso é sinuoso até os arredores de Lión onde recibe o Saona; a partir desta cidade, discorre cara ao sur para se verter por un delta (Camargue) no mar Mediterráneo.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Principais afluentes:

  • Río Arve
  • Río Ain
  • Río Saona
  • Río Isère
  • Río Drôme
  • Río Ardèche
  • Río Durance
  • Río Aigues
  • Río Ouvèze
  • Río Gard

Principais cidades atravesadas polo Ródano[editar | editar a fonte]

Principais vilas atravesadas polo Ródano[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Ródano&oldid=4840022"