Río Valiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Valiñas
Río Baliñas Culleredo ianpe998u3wGL.jpg
Río Valiñas ao seu paso pola Telva (Culleredo).
País Galicia
Nacemento Vista Alegre, Soandres (A Laracha)[1]
Lonxitude 12 km
Conca 36,3 km²
Caudal medio n/d
Desembocadura Río Mero (case na ría do Burgo)
Conca fluvial do río Mero e Barcés, onde está o río Valiñas.

O río Valiñas, tamén chamado Pingüela[Cómpre referencia], é un curso fluvial galego.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace preto do lugar de Vista Alegre, no concello da Laracha.[1] Logo transcorre polo concello de Culleredo, onde forma o Val de Veiga, e Cambre, formando linde entre os dous ata desembocar no río Mero, na Telva e A Barcala, xa practicamente na ría do Burgo. Na parroquia de Veiga, no concello de Culleredo, únese coas augas de dous regatos procedentes da zona do monte Xalo, o rego do Castelo e o rego da Cruz[2], co que forman un caudal considerable.

No seu curso baixo está moi contaminado por motivo da industria construída na súa ribeira e da poboación existente nas inmediacións. No curso medio, e máis ben no curso alto ten unhas condicións non tan degradadas, pero segue recibindo contaminación procedente do mal saneamento dos lugares que están ó seu carón, como por exemplo en Ledoño e Sésamo.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Valiñas&oldid=4479212"