Rúa de San Andrés (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°22′11″N 8°24′10″O / 43.36972, -8.40278

Rúa de San Andrés
Igrexa de Santo André.JPG
Igrexa Castrense de Santo André
Tipoloxía rúa
Dimensións
Lonxitude 0,63 km
Localización
Inicio Rúa Estreita de San Andrés
Fin Praza de Pontevedra
Localidade A Coruña
Cómo chegar
Bus Linea4.jpg Cor5.jpg Cor6.jpg Cor6A.jpg Cor7.jpg Cor11.jpg
Circulación
Tránsito Peonil e rodado

A Rúa de San Andrés[1] ou Santo André[2] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Peixería[3] da cidade.

Está situada entre a rúa Estreita de San Andrés e a praza de Pontevedra e foi unha das principais vías de comunicación entre a Cidade Vella e as zonas novas de expansión da cidade.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A rúa de San Andrés na década de 1930.

A rúa de San Andrés recibe o seu nome do antigo Hospital de San Andrés, propiedade do gremio de mareantes. O hospital, situado onde se atopa a igrexa de Santo André, tiña unha igrexa anexa, e ambos edificios foron destruídos durante o asedio de Drake en 1589.[4] O pórtico da igrexa foi instalado na muralla do Parrote, preto do Arquivo do Reino de Galicia.

A rúa aparece xa coa súa planta actual no plano de Juan Vergel de 1735. Porén, nesa época case non había edificacións e a rúa estaba máis próxima ao mar.

Entre 1840 e 1875 foi chamada rúa de Espoz y Mina e entre 1931 e 1936 rúa do Capitán García Hernández.

Institucións e comercios[editar | editar a fonte]

A rúa, situada no centro da cidade, tivo un uso principalmente comercial.[5] Ademais foi sede de varias empresas e institucións, como a sede central da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña, que estivo situada nun edificio da rúa, demolido en 1969 para construír a actual oficina de Abanca.[6] Tampouco existe o edificio no que se instalou en 1895 a Real Unión Recreativa e Instructiva del Circo de Artesanos, ao trasladarse da rúa de Juana de Vega.

No número 9 estaba o estudio fotográfico do pioneiro do cinema José Sellier,[7] que dá nome a unha praza próxima,[8] e no 113 segue a existir a primeira tenda de comestibles aberta na cidade pola familia San Martín, unha das tendas máis antigas da cidade.[9]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Casas Formoso e Cés.

Na rúa de San Andrés consérvanse algúns edificios destacados:[10]

Na praza de Santa Catarina atópase unha fonte dedicada ao deus Neptuno, a máis antiga da cidade.[16][17]

Outras rúas[editar | editar a fonte]

Praza de Santo André, coa Casa Cabanela e a fonte da Fama

O nome de San Andrés aparece noutras rúas próximas:

Boquete de San Andrés

Situada detrás da igrexa, nela se atoparon restos dun cemiterio.[18]

Rúa Estreita de San Andrés

Foi chamada tamén Angosta de San Andrés e Pozo. No número 11 existe un edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1885) e no número 2 situábase a Casa Palacio da Cooperativa Cívica Militar, do século XVIII.[19]

Pórtico de San Andrés

Coñecida simplemente como rúa do Pórtico.

Praza de San Andrés

Coñecida anteriormente como praza da Fonte de San Andrés e praza do Xeneral Mola.[20]

Pechando a praza está a Casa Cabanela, edificio de Julio Galán Carvajal (1910-1911), inspirado pola obra dos arquitectos austríacos Gangl e Stigler e do belga Paul Hankar.[21][22] No centro localízase a fonte da Fama ou do Anxo, deseñada por Fernando Domínguez Romay en 1791 e cunha estatua de Antonio Pernas que representa a deusa Fortuna.[17] Orixinariamente estaba situada nunha praza na confluencia de Rego de Auga e a Mariña, de onde foi trasladada en 1882, e dá nome á rúa da Fama.[23]

Travesía de San Andrés

Coñecida tamén como Travesía do Patín.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Igrexa Castrense de San Andrés
  2. 2,02,1 A Coruña 1891-1895
  3. Cultura Coruña
  4. "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  5. Uno de cada cinco locales de las principales calles comerciales está vacío
  6. "Las luces y las sombras de la caja de ahorros". El Ideal Gallego (en castelán). 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  7. Castro de Paz, José Luis; Folgar, José María. "José Sellier, pionero cineasta gallego". Cervantes Virtual (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  8. "El Concello dedica una plaza al cineasta José Sellier". La Opinión de A Coruña (en castelán). 24 de xullo de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  9. Lorenzo, Ana (7 de febreiro de 2016). "Os sobreviventes do comercio coruñés". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  10. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  11. Do.Co.Mo.Mo. Ibérico
  12. Meijide Quintillán, Iria (2015). "La construcción del espacio racionalista de A Coruña" (PDF). Tracería (1). Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  13. Igrexa Castrense de Santo André
  14. Cruceiro da rúa de San Andrés en Turgalicia
  15. La policía precinta el edificio La Llave tras caer cascotes de su fachada[Ligazón morta]
  16. Fonte de Neptuno en Turgalicia
  17. 17,017,1 Las fuentes coruñesas con más solera
  18. Confirman que parte de los restos hallados en San Andrés son humanos
  19. La Casa Palacio de la Cooperativa, un edificio emblemático desaparecido
  20. "Hoxe mudamos as cores sinistras pola policromía coruñesa que representa Álvaro Cebreiro"
  21. Una fotografía cargada de recuerdos
  22. El edificio de Labase en San Andrés se quedará vacío
  23. Calle de la Fama, la cuna de la Fuente de San Andrés

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rúa_de_San_Andrés_(A_Coruña)&oldid=4908722"