Rañaceos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rañaceos en Madrid.

Os rañaceos[1] (en singular e plural) son edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e dunha forma xeral presentando formatos de torre. Estes edificios normalmente posúen carácter multifuncional, sendo capaces de abrigar establecementos residenciais, comerciais, de servizos, entre outros. A súa presenza no espazo urbano, cando destacada por enriba da altura media dos demais edificios, constitúese en xeral como unha referencia ou marco para a cidade, aínda que tamén poida xerar problemas varios ligados á mobilidade urbana, consumo de enerxía e seguridade.

Historia[editar | editar a fonte]

O Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney, está considerado como o primeiro rañaceos do mundo.

Ao longo da historia da arquitectura, con excepción de monumentos como obeliscos e columnas, encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da Revolución Industrial, os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.

Até mediados do século XIX, a altura máxima encontrada nas grandes cidades era duns cinco andares, pola dificultade de de subir reiteradamente até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en cachotería, canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o formigón armado e a estrutura en ferro (e máis tarde en aceiro) xa posibilitaban a construción de edificios altos, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.

En 1852, a invención do ascensor por Elijah Otis eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en 1885 foi construído en Chicago o que está considerado como o primeiro rañaceos, o Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney.

Na década de 1920, unha conxunción de factores — novas técnicas de construción, materiais máis resistentes e a invención dos elevadores — deu lugar aos rañaceos. A novidade cambiou as formas de consumo, de facer comercio e, principalmente, da morada dos habitantes das metrópoles. Cabe notar tamén que a produción arquitectónica ligada á Escola de Chicago, influenciada e esixida polas necesidades do capitalismo naquela cidade, e a arquitectos como Louis Sullivan posuíu tamén un papel de difundir as novas tipoloxías urbanas entre outras cidades no mundo. O rañaceos pasaría a caracterizarse como símbolo do progreso industrial nas grandes cidades do mundo desenvolvido: a cidade de Nova York viviu nas dúas décadas seguintes unha carreira entre emprendedores en busca da construción do edificio mais alto. Como froito deste fenómeno, xurdiron edificios que hoxe son considerados símbolos daquela cidade, como o Empire State Building, o Chrysler Building e máis tarde o Rockfeller Center.

Os vinte rañaceos máis altos do mundo[editar | editar a fonte]

Os edificios en letra grosa foron os máis altos do mundo no momento da súa construción.

Posto Imaxe Edificio Cidade País Altura Andares Ano de construción
1 100x100px Burj Khalifa Dubai Flag of the United Arab Emirates.svgEmiratos Árabes Unidos 828 m 163 2010
2 Shanghai Shanghai Tower 5166304.jpg Shanghai Tower Shanghai Flag of the People's Republic of China.svgChina 632 m 128 2015
3 Final circulation of the Kaaba.jpg Abraj Al-Bait Clock Tower A Meca Flag of Saudi Arabia.svgArabia Saudita 601 m 120 2012
4 Ping An Tower Nov.2016.jpg Ping An Finance Centre Shenzhen Flag of the People's Republic of China.svgChina 599 m 115 2017
5 Goldin Finance 117 under construction (20180210142905).jpg Goldin Finance 117 Tianjin Flag of the People's Republic of China.svgChina 596.6 m 128 2019
6 Lotte World Tower (April 30 2017).jpg Lotte World Tower Seúl Flag of South Korea.svgCorea do Sur 554.5 m 123 2016
7 View to One World Trade Center.jpg One World Trade Center Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 541.3 m 104 2014
8 Canton CTF Finance Center (2016-08-22).jpg Guangzhou CTF Finance Centre Cantón Flag of the People's Republic of China.svgChina 530 m 111 2016
Tianjin CTF Finance Centre, 23 of 24 cropped.jpg Tianjin CTF Finance Centre Tianjin Flag of the People's Republic of China.svgChina 530 m 98 2017
10 China Zun and Samsung China Headquarters.jpg China Zun Pequín Flag of the People's Republic of China.svgChina 528 m 108 2018
11 Forbys Taipei 101.jpg Taipei 101 Taipei Flag of the Republic of China.svgTaiwán 508 m 101 2004
12 Shanghai World Financial Center Far.jpg Shanghai World Financial Center Shanghai Flag of the People's Republic of China.svgChina 492 m 101 2008
13 International Commerce Centre 201408.jpg International Commerce Centre Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svgChina 484 m 118 2010
14 Wuhan Greenland Center Almost Completed.jpg Wuhan Greenland Center Wuhan Flag of the People's Republic of China.svgChina 475.6 97 2019
15 Central Park Tower Almost Topped Out.jpg Central Park Tower Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 472 131 2019
16 Saint Petersburg Lakhta center.jpg Lakhta Center San Petesburgo Rusia Rusia 462 m 86 2018
17 LM81 NhonHuynh 5-8-2018.jpg Landmark 81 Cidade Ho Chi Minh Flag of Vietnam.svgVietnam 461.2 m 81 2018
18 长沙九龙仓国金中心.jpg Changsha IFS Tower T1 Changsha Flag of the People's Republic of China.svgChina 452.1 m 88 2017
19 Petronas Towers by Day-Edit(ws).jpg Petronas Tower 1 Kuala Lumpur Flag of Malaysia.svgMalaisia 451.9 m 88 1998
Petronas Tower 2
20 Zifeng Tower 2017.jpg Zifeng Tower Nanjing Flag of the People's Republic of China.svgChina 450 m 89 2010
Suzhou IFC 2016-10-Morning.jpg Suzhou IFS Suzhou Flag of the People's Republic of China.svgChina 450 m 92 2017

Rañaceos por localización[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rañaceos.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rañaceos&oldid=5258631"