Rabaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sheep and herder India.jpg

Un rabaño ou manda é un grupo de animais de mesma especie que adoitan estar xuntos ou desprazarse xuntos. O termo manda adoita utilizarse para animais salvaxes, mentres que rabaño se emprega habitualmente para especies domesticadas.

Na antigüidade, cando o home case non poboaba a superficie da Terra, había inmensos espazos deshabitados, e os animais campaban libremente por esas grandes superficies; pero hoxe en día, entre o poboamento intensivo, a agricultura, a talla de bosques e outros procesos de modificación da superficie da Terra polo ser humano, reducíronse considerablemente as superficies antes poboadas por rabaños. Isto, sumado á caza indiscriminada que pon en perigo a varias especies, tamén foi un factor que levou á redución das mandas, tanto no número destas, como na cantidade de exemplares que as conforman. Co fin de limitar este proceso, creáronse reservas de fauna, onde ata certo grao, as mandas poden manter o seu anterior estilo de vida salvaxe.

A etoloxía defende que existen dous factores importantes que favorecen a existencia de grupos de animais cooperando: as vantaxes obtidas na defensa fronte a depredadores, e a facilidade da busca de alimento ou as vantaxes da caza en grupo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rabaño&oldid=4180745"