Radiación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En física, a radiación é un modo de propagación da enerxía a través do espazo, de forma análoga á luz.

A radiación, propiamente dita, refírese á transportada por ondas electromagnéticas, chamada, en consecuencia, radiación electromagnética. Así a todo, emprégase esta expresión tamén para referirse ó movemento de partículas a gran velocidade no medio, con aprezable transporte de enerxía, que recibe o nome de radiación corpuscular.

Se o transporte de enerxía é suficientemente elevado como para provocar ionización no medio circundante, fálase de radiación ionizante. Inda que non é totalmente correcto, é habitual empregar a palabra radiación, por extrapolación, para referirse ás radiacións ionizantes.

Tipos de radiacións[editar | editar a fonte]


En Anatomía, úsase o termo radiación para referírmonos a unha estrutura que diverxe dende un centro común:

  • radiación acústica
  • radiación do corpo caloso
  • radiación estríotalámica
  • radiación óptica
  • radiación piramidal
  • radiación talámica
  • radiación tegmentaria
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Radiación&oldid=4636296"