Radio Televisión de Castilla y León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo de RTVCYL

Radio Televisión de Castilla y León (RTVCYL) é unha empresa privada adxudicataria da única licenza de emisión da TDT de ámbito autonómico en Castela e León.

O ente dispón de dúas canles de televisión: Castilla y León Televisión (CYLTV), cunha programación común para toda a comunidade autónoma as 24 horas do día, e La 8, canle con desconexións territoriais, especializado en cada provincia. Tamén posúe dúas frecuencias de radio nas que emiten as emisoras Castilla y León esRadio e Vive! Radio.

O seu funcionamento comezou o 23 de xaneiro de 2009. Debido ao seu carácter privado, non pertence á FORTA. Como única televisión rexional de Castela e León, está obrigada por lei a emitir eventos de interese rexional que non teñan cabida nas cadeas de televisión nacionais, recibindo por iso subvencións do goberno autonómico.

O ente estableceu os seus principais centros de traballo en Valladolid, onde conta con dúas sedes principais, unha dela destinada aos servizos informativos e outra á área de produción propia. Dispón ademais de dez centros de produción territorial nas nove capitais de provincia da comunidade autónoma (Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora, na comarca do Bierzo (Ponferrada) e dunha delegación en Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Radio_Televisión_de_Castilla_y_León&oldid=4807547"