Radiotelevisión del Principado de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Plató de programas de TPA durante a emisión de No sólo fútbol.
Unidade móbil da RPA.

A Radiotelevisión del Principado de Asturias (RTPA) é un ente público de comunicación pertencente ao Principado de Asturias e creado en 2005. Está formado polas sociedades Televisión del Principado de Asturias e Radio del Principado de Asturias, SA. A televisión comezará as súas emisións regulares a mediados de 2006 para toda Asturias. Tamén ten pensado lanzar un periódico dixital. O seu director é Xosé Ramón Pérez Orni.

Estrutúrase en tres órganos:

  • Consejo de Administración
  • Consejo de Comunicación
  • Dirección General

Ten as súas dependencias na Universidad Laboral de Xixón.

Historia[editar | editar a fonte]

A TPA realizou a súa primeira emisión en probas o 20 de decembro de 2005 as 21 horas. O sábado 7 de xaneiro comezou as súas retransmisións deportivas co partido de fútbol entre o Real Sporting de Xixón e o Racing de Ferrol, aínda ca sinal cedida pola TVG. Ao día seguinte, desde o estadio Municipal de Miramar, prodúcese a primeira emisión con produción propia, neste caso do partido que enfrontou ao Marino de Luanco e a Cultural de Durango. Durante os primeiros meses, tódolos fines de semana retransmitían partidos do Real Sporting de Xixón, Marino de Luanco e do Real Oviedo, normalmente os partidos locais. Todas estas producións están subcontratadas a produtoras privadas.

Ao comezo xerou unha gran crispación ó non emitir programas en asturiano. Posteriormente engadiu uns poucos programas en asturiano e esporadicamente no galego de Asturias.

A baixa calidade dos seus programas e que a grella de prime time diaria sexa idéntica durante tódolos días aumentou esta crispación.

O 9 de xuño de 2006 comezou as súas emisións regulares cubrindo un horario reducido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Radiotelevisión_del_Principado_de_Asturias&oldid=5169749"