Ramón García Vicetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ramón García Vicetto, nado en Ferrol o 5 de novembro de 1830 e finado en Buenos Aires o 16 de maio de 1907[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos emigrou a Cuba. Dedicouse ao comercio e casou en Santiago de Cuba. Retornou a Galicia e instalouse en Vigo como axente marítimo. Foi secretario do concello de Bouzas e oficial do concello de Vigo. Foi vicepresidente da Sociedad Cooperativa de Trabajadores El Ahorro de Vigo. Exerceu como redactor e colaborador en La Oliva, El Miño, El Obrero, La Concordia, La Aurora de Galicia, La Nación Española, El Gallego. En 1881 integrouse na coalición republicano-liberal e dirixiu o periódico La Voz del Pueblo. En 1888 marchou a Montevideo, onde foi redactor e logo director de La Unión Gallega e fundou e dirixiu o periódico El Heraldo Gallego. Trasladouse a Buenos Aires, onde fundou e dirixiu La República, de efémera vida, e colaborou en El Correo Español e El Eco de Galicia. Rematou traballando nas oficinas do Correo central.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cuentos vigueses, 1881.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Eco de Galicia, 30-5-1907, p. 2-3.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_García_Vicetto&oldid=4429457"