Ramón López de Vicuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ramón López de Vicuña
Nacemento 14 de novembro de 1852
  Manila
Falecemento 14 de febreiro de 1909
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación profesor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909,[1] foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito civil e canónico e doutor en Filosofía e letras. Catedrático de Geografía e Historia no Instituto da Coruña e a partir de 1907 no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, foi concelleiro da Coruña, correspondente da Real Academia de la Historia e un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1905.[2]

Colaborou en Revista Contemporánea, Revista de España, Revista Crítica de Historia y Literatura, Galicia Diplomática e a Galicia (Revista Regional) de Andrés Martínez Salazar.[3]

Foi un admirador e divulgador do románico galego.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou con destino ao ensino obras que acadarían varias edicións.

  • Curso de Historia Universal, 1880.
  • Curso elemental de Geografía, 1892.
  • Curso elemental de Historia de España, 1893.[4][5]
  • Curso elemental de Geografía descriptiva, 1901.
  • Curso de Geografia especial de España, 1906.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heraldo de Madrid, 16-9-1909, p. 4
  2. Membros de número RAG.
  3. Couceiro, p. 331.
  4. Curso elemental de Historia de España en Galiciana.
  5. Curso elemental de Historia de España na BNE (inclúe sinatura autógrafa do autor).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_López_de_Vicuña&oldid=4662793"