Ramón Martínez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Martínez López
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Ramón Martínez López 1933.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1933.
Nacemento4 de abril de 1907
 Boiro
Falecemento12 de setembro de 1989
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Xénerosensaio
Profesiónfilólogo, político
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e falecido en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como estudante, participou na creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en El Compostelano con artigos en galego e unha serie titulada Lambizos asinada co pseudónimo Xan do Cotón. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en 1929, comezou a traballar como profesor de secundaria de latín e lingua e literatura española en Eivisa, Vigo e Lugo. En 1931 estivo entre os fundadores do Partido Galeguista. Gañou en 1933 unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de literatura comparada na Universidade de Lisboa. En 1934 recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a París e en 1935 encargouse da organización do Salón do Libro Español.

En 1936 doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e accedeu aos postos de agregado cultural nas embaixadas españolas de Portugal e Francia durante a Guerra Civil española, como parte leal ao goberno democrático da Segunda República. Tamén estivo dando clase durante tres meses na Universidade de Alxer e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia, onde estivo nun campo de refuxiados, e logo a Arxentina.

Comezou a investigar no instituto filolóxico de Buenos Aires, baixo a dirección de Amado Alonso e en 1940 accede ao departamento de Linguas Románicas da Universidade de Austin, en Texas, onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en 1971. En 1950 consegue a cidadanía estadounidense e en 1959 a praza de profesor. Traballou como profesor visitante nas universidades de Wisconsin, Novo México, Porto Rico, Denver e Middlebury.

A Grande e General Historia, na súa versión galega do s. XIV, foi editada por Martínez López

Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das Cantigas de Santa María, de Afonso X e da General Estoria, do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española (Antonio Machado) e da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoais, entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre literatura galega, tanto en galego como en inglés.

En 1971 regresou a Galicia despois da xubilación, e contribuíu na reorganización do galeguismo. Coa chegada da democracia recuperou as súas acreditacións como profesor de secundaria e foi reposto. Foi elixido académico da Real Academia Galega en 1976 e recibiu a Medalla Castelao en 1984, na data da súa instauración.

Obra[editar | editar a fonte]

  • A literatura galega no exilio (1987)
  • General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Oviedo, (1963).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_Martínez_López&oldid=4935497"