Ramón Pérez Costales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ramón Pérez Costales
Ramón Pérez Costales 1897 Joaquín Vaamonde, Museo de Belas Artes da Coruña.jpg
Nacemento 31 de maio de 1832
  Oviedo
Falecemento 18 de xaneiro de 1911
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Ramón Pérez Costales, nado en Oviedo en 1832 e finado na Coruña o 18 de xaneiro de 1911, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia comezar os seus estudos na universidade de Oviedo, tivo que trasladarse a Santiago de Compostela debido a compromisos laborais do seu pai, cidade onde remataría a licenciatura de medicina en 1854. En 1866 trala sublevación dos sarxentos do cuartel de San-Gil en Madrid exíliase a Portugal. Dous anos despois, en 1868 volta instalándose na Coruña e formando parte do Partido Repúblicano Federal de Francesc Pi i Margall, alí traballaría duramente na actividade política do partido ata ser apartado da dirección, intre no que comeza a espallar a idea de crear a Unión Republicana de Galicia.

Foi elixido deputado por A Coruña en 1872 e en 1873 (Cortes Constituíntes da I República) volveu ser deputado por Carral. Presentou ás Cortes a proposta de Estatuto de Galicia de José Sánchez Villamarín, na que se pedía "una Galicia independiente pero parte integrante de la nación", aínda que o intento de autodeterminación non prosperou pola pouca duración da I República. Os republicanos federalistas elaboraron de novo en 1883 un proxecto de Constitución para o Estado Galaico, que foi aprobado pola primeira asemblea federal galega celebrada en 1886, que elixiu un Consello de Goberno executivo presidido por Moreno Barcia e outros catro membros, un por cada provincia galega, sendo designado Pérez Costales en representación da Coruña.

Cando Pi i Margall se fixo cargo da República foi designado ministro de Fomento o 28 de xuño de 1873.

En 1894 senta o precedente da Real Academia Galega ao promover xunto coa escritora Emilia Pardo Bazán a Comisión Xestora para a creación da Academia Gallega sobre a base da sociedade Folklore Gallego. Posteriormente, na creación da actual Real Academia Galega, en 1906, sería nomeado académico de honra ao ser a materialización dunha das súas ideas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_Pérez_Costales&oldid=4646327"