Ramón Rey Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Rey Baltar
Nacemento5 de abril de 1882
 Padrón
Falecemento3 de xullo de 1969
 Provincia de Bos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico, xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na USC, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.

Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.

O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comenzo da guerra civil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_Rey_Baltar&oldid=4907795"