Ramón Vázquez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Vázquez Rodríguez
Nacemento1918
 A Arnoia
Falecemento7 de marzo de 1938
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Ramón Vázquez Rodríguez, coñecido como O anarquista, nado na Arnoia en 1918 e finado en Ourense o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño da Paixón. Presidente do Sindicato Campesino e afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido en setembro de 1937 logo de ser ferido nunha persecución.[1] Procesado en Ourense por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937, foi condenado a pena de morte o 11 de novembro. Foi executado o 7 de marzo de 1938 no campo de Aragón, a carón do cemiterio de San Francisco. Tamén foi condenado en expediente de responsabiilidade civil en agosto de 1938.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 18-9-1937, p. 2.
  2. El Compostelano, 8-6-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_Vázquez_Rodríguez&oldid=5198279"