Ramón Varela Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Varela Díaz
Nacemento1952
 O Saviñao
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Ramón Varela Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) en 1952, é un biólogo e ecoloxista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramón Varela é catedrático en Bioloxía e Xeoloxía e doutor en Bioloxía; a súa tese doutoral tratou sobre "a contaminación atmosférica en Galiza" e non foi aceptada na Universidade de Santiago, mais aceptouna a Universidade Autónoma de Madrid -que está considerada como a máis prestixiosa en estudos ambientais a nivel estatal- coa máxima cualificación. Foi presidente da asociación ecoloxista ADEGA.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A contaminación das centrais nucleares: Xove, 1981, Xistral.
  • Os residuos radioactivos: ameaza no presente e para o futuro, 1983, Xistral.
  • Eucaliptos, celulosas e forestal galego, 1990, ADEGA.
  • O ABC da choiva ácida, 1997, Baía Edicións.
  • Contaminación e saúde, 1997, Laiovento.
  • Contaminación atmosférica en Galiza. Inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes e dioxinas (ano 2000), 2004, Baía Edicións.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os resíduos na Galiza, 1994, Baía Edicións.
  • Celulosas e progreso.
  • 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramón_Varela_Díaz&oldid=4973668"