Ramiro Fonte
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Ramiro Fonte | |
---|---|
Nacemento | 1957 |
Pontedeume | |
Falecemento | 11 de outubro de 2008 |
L'Hospitalet de Llobregat | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta, escritor, ensaísta e crítico literario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume en 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna en 1981.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- As cidades da nada, 1983, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Designium, 1984, Xerais.
- Pensar na tempestade, 1986, Sotelo Blanco.
- Pasa un segredo, 1988, Xerais. Publicado en castelán no 1991 por Libertarias.
- Escolma poética, 1990, Deputación de Granada, en edición bilingüe galego-castelán.
- Adeus norte, 1991, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.[1]
- As lúas suburbanas, 1991, Librería Anticuaria el Guadalhorce.
- Luz do mediodía, 1995, Espiral Maior.[2]
- Persoas de amor, 1995, Monograma.
- O cazador de libros, 1997, Sotelo Blanco.
- Mínima moralidade, 1998, Deputación da Coruña.
- Capitán Inverno, 1999, Xerais. Publicado en castelán no 2002 por Editorial Pre-Textos.
- A rocha dos proscritos, 2001, Deputación de Pontevedra.[3]
- Reversos, 2008, Xerais.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Catro novelas sentimentais, 1988, Xerais.
- Aves de paso, 1990, Xerais.
- As regras do xogo, 1990, Cumio.
- Os leopardos da lúa, 1993, Galaxia.
- Soños eternos, 1994, Nigra.
- Os meus ollos, 2003, Xerais.
- Os ollos da ponte, 2004, Xerais.
- As pontes no ceo, 2007, Xerais.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Xardín do pasatempo, 2008, Tambre. Poesía
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria, 1992, Galaxia.
- As bandeiras do corsario, 1996, Nigra.
En antoloxías e obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Cravo fondo, 1977, Follas Novas.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Unha fotobiografía, 1989, Xerais.
- "Iluminacións danubianas" en Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- "Razóns para matar a Martíns" en O relato breve. Escolma dunha década, 1990, Galaxia.
- Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Ámbito dos pasos, 1996, Concello de Pontedeume.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Galician generation of the eighties: three poets, 1999, Universidade da Coruña.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio da Crítica de Galicia no 1985, por Designium.
- Premio Losada Diéguez de creación no 1985, por Designium.
- Premio Pedrón de Ouro no 1986, por O retornado.
- Premio da Crítica española no 1988, por Pasa un segredo.
- Premio Esquío no 1990, por Adeus norte.
- Premio Miguel González Garcés no 1997, por Mínima moralidade.
- Premio Losada Diéguez de creación no 2004, por Os meus ollos.
Poemas musicados[editar | editar a fonte]
O guitarrista e compositor Víctor Aneiros musicaliza o poema "Na barra", no seu álbum Heroe Secreto (2008). No seu álbum Brétemas da Memoria (2010) musicaliza 7 poemas de Ramiro Fonte: "Vida bohemia", "Sombras de Compostela", "Autor de westerns", "Máis alá", "Un tute á morte", "Cabina telefónica" (Lupanar de cristal) e "Rita Hayworth" (Sirenas da policía).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do autor en Xerais
- Ramiro Fonte na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- "O home necesita lembranzas para valerse na súa vida" La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2007.
- "Reivindico a ética do artesán fronte ao ego do artista", Daniel Salgado, El País, 7 de decembro de 2007.
- "Ramiro Fonte na voz dos seus amigos", Nova do seu falecemento en Vieiros, 13 de outubro de 2008.
|