Ramiro Isla Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro Isla Couto
Ramiro Illa Couto.png
Nacemento8 de marzo de 1896
 Arnois
Falecemento5 de decembro de 1987
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Ramiro Isla Couto, nado en Arnois (A Estrada) o 8 de marzo de 1896 e falecido en Vigo o 5 de decembro de 1987, foi un empresario e dinamizador cultural da emigración galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou en 1911 a Buenos Aires, onde estudou na Escola de Comercio, e traballou cun tío seu en diversos negocios. Nesa primeira mocidade na Arxentina ingresou na Asociación Cultural Terra, de ideario galeguista.

En 1919 regresou a España, onde participou na Guerra Hispano-marroquí. Neses anos trabou contacto con outros mozos esquerdistas e galeguistas, como Xaime Quintanilla Martínez e Luís Porteiro Garea. Ingresou na Irmandade Nazonalista Galega de Vicente Risco e nas Irmandades da Fala, e en 1923 volveu a Buenos Aires. Alí fundou con Eduardo Blanco Amor a revista Terra, a primeira publicación integramente en galego da emigración. En Arxentina converteuse en dinamizador cultural do galeguismo, creando asociacións, colaborando en Céltiga e no periódico A Fouce, e recadando fondos para o Seminario de Estudos Galegos. Tamén en Buenos Aires coñeceu a Manuel Antonio, que paraba no porto bonaerense na súa navegación.

Integrantes e colaboradores de Terra.

En 1931 regresou a Galicia e nese mesmo ano participou na fundación do Partido Galeguista, onde ocupou unha cadeira no seu Consello Nacional en representación da emigración. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno en Verín: foi detido, e encarcerado primeiro na vila do Támega[1], e logo en Vigo. Exiliouse a Francia, onde actuou como delegado das Sociedades Hispanas Confederadas, e máis tarde a Cuba e a México. Nese país fundou con Carlos Velo e Arturo Souto a revista Saudade, e despois marchou a Venezuela, Colombia e de novo Venezuela. A partir de 1956 volveu definitivamente a Galicia, onde se dedicou a distintas tarefas de recuperación cultural no grupo Galaxia, con xente como o seu irmán Xaime Isla Couto ou Ramón Piñeiro.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla Castelao en 1986.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramiro_Isla_Couto&oldid=5321951"