Rasha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rasha
Nacemento1971
 Sudán
NacionalidadeSudán
Ocupacióncantautora
editar datos en Wikidata ]

Rasha é unha cantante e percusionista sudanesa nada en Ondurmán, preto de Khartún, en 1971.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertence a unha numerosísima familia na que a maior parte dos seus membros son artistas: músicos, pintores, actores... Unha das súas irmás é unha das poucas mulleres que tocan o laúde no Sudán. A súa casa familiar é un auténtico centro cultural onde acoden os artistas e intelectuais do país.

Rasha traballou no Sudán na radio, na televisión e no teatro, pero sempre con carácter semiprofesional. Fuxindo da guerra civil instalouse en España, e a partir de xuño de 1991 comeza a facer traballos como profesional con diferentes grupos e co seu irmán Wafir, integrante de Radio Tarifa, gravando en solitario o seu disco Sudaniyat. Con este álbum obtivo un grande éxito de crítica e foi valorado como un dos dez mellores títulos anuais no seu estilo.

En 1997 participa na gravación de La sal de la vida[1], un disco coa participación de María Salgado, Uxía Senlle e Xesús Pimentel.

En 1998 tocou para as Nacións Unidas durante a celebración do Día da muller.

No 2000 colaborou no álbum de Mastretta Luna de miel.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1997: La sal de la vida, a canda María Salgado, Uxía e Xesús Pimentel.
  • 1997: Sudaniyat
  • 1996: Salamat Khartoum, co grupo Kambala.
  1. "La sal de la vida". www.mariasalgado.com. Consultado o 2019-05-24. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rasha&oldid=5157872"