Ratko Mladić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ratko Mladić
Evstafiev-ratko-mladic-1993-w.jpg
Nacemento12 de marzo de 1943
 Božanovići
NacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia e Republika Srpska
EtniaPobo serbio
OcupaciónSoldado e militar
PremiosOrder of the National Army, Order of military merits with golden swords, Order for military merits with silver swords, Order of Brotherhood and Unity e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Ratko Mladić ou Ратко Младић, nado en Božinovići o 12 de marzo de 1942, é un militar serbio de Bosnia e Herzegovina, Xefe de Estado Maior do Exército da República Srpska (VRS) durante a guerra en Bosnia, entre 1992 e 1995.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1996 Mladić, xunto con outros líderes serbios, foi acusado de crimes de guerra e xenocidio polo Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) na Haia, polo asedio a Saraxevo no cal morreron 10.000 persoas, e polo masacre de 8.100 homes e nenos bosníacos o 11 de xullo de 1995, durante o masacre de Srebrenica, o maior xenocidio cometido en Europa dende a Segunda Guerra Mundial. Unha orde de arresto internacional pendente para Mladić, segundo a Regra 61 do TPII, de 2008, que conclúe que hai motivos suficientes para crer que o acusado cometera ditos crimes, incluíndo xenocidio. O goberno dos Estados Unidos ofrece dende entón unha recompensa de 5 millóns de dólares polo seu arresto, así como o de Radovan Karadžić, que foi detido o 21 de xullo de 2008.

Despois de anos de fuga, Mladić foi finalmente detido en Serbia o 26 de maio de 2011, co anuncio da súa prisión, comunicado en Belgrado polo presidente serbio Boris Tadić.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reuters (ed.). "Serb police arrest war crimes suspect Mladic". Consultado o 26/05/2011. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ratko_Mladić&oldid=4734601"