Rauno Nurger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rauno Nurger
Leite Río Breogán  – No. 20
Pivote
Información persoal
Nacemento 24 de novembro de 1993 (25 anos)
Estonia Keila, Estonia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 105 kg (231 lb)
Información da carreira
Instituto Sunrise Christian (Wichita, Kansas)
Universidade Wichita State (2014–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: Non drafteado
Internacional Estonia Estonia
Carreira 2011−presente
Historial de equipos
Tallinna Kalev (2011–2012) KML
TYCO Rapla (2012–2013) KML
Peñas Huesca (2018–2019) LEB
Leite Río Breogán (2019– ) LEB

Rauno Nurger, nado o 24 de novembro de 1993 en Keila, Harju, é un xogador profesional internacional de baloncesto estonio. Formado na universidade de Wichita State, cunha altura de 2,08 m xoga nas posicións de pivote e ala-pivote. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Keila, no Condado de Harju, Nurger comezou a súa carreira no baloncesto no Tallinna Kalev e no TYCO Rapla da Korvpalli Meistriliiga, máxima categoría do baloncesto estonio. Posteriormente foi aos Estados Unidos, onde acudiu á Sunrise Christian Academy e á Universidade de Wichita State, onde competiu cos Shockers da NCAA. Na liga universitaria estadounidense fixo unha media de 3,5 puntos e 2,1 rebotes por partido en catro anos. Para a temporada 2018−19 asina co Peñas Huesca da Liga LEB, sendo un dos xogadores destacados da competición cunha media de 13,3 puntos (61,2% en tiros de dous e 78,4% tiros libres), 6,3 rebotes, 1 asistencia, 1 tapón e 1 mate por encontro en 26 minutos sobre a cancha. Tras finalizar a temporada, o 11 de xullo de 2019 anúnciase a súa fichaxe polo Leite Río Breogán.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Estonia Tallinna Kalev (KML, 2011−2012)
  • Estonia TYCO Rapla (KML, 2012−2013)
  • Flag of the United States.svg Sunrise Christian Academy (Insituto, 2013−2014)
  • Flag of the United States.svg WSU Shockers (NCAA, 2014−2018)
  • España Peñas Huesca (LEB, 2018–2019)
  • Galicia CB Breogán (LEB, 2019− )

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rauno_Nurger&oldid=5239013"