Reactor de grafito X-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
X10 Reactor Face.jpg

O reactor de grafito X-10 do Laboratorio Nacional Oak Ridge en Oak Ridge, Tennessee, anteriormente coñecido como Clinton Pile e X-10 Pile, foi o segundo reactor nuclear artificial construído na historia tralo Chicago Pile-1 de Enrico Fermi, e o primeiro deseñado e construído para unha operación continua. Foi construído durante a segunda guerra mundial como parte do Proxecto Manhattan.

Mentres que o Chicago Pile-1 demostrou a viabilidade dos reactores nucleares, o obxectivo do Proxecto Manhattan de producir suficiente plutonio para o seu uso en bomas atómicas requiría reactores mil veces máis potentes, xunto a instalacións para separar quimicamente o plutonio producido nos reactores do uranio e outros produtos de fisión. Para isto os científicos do proxecto consideraron prudente un paso intermedio. O seguinte paso no seu proxecto para o plutonio, de nome en código X-10, foi a construción dunha instalación de traballo intermedio para desenvolver técnicas, procedementos e adestramentos. A peza central disto foi o reactor de grafito X-10, refrixerado por aire, usando grafito nuclear como moderador de neutróns e uranio natural puro en forma metálica como combustible.

DuPont comezou a construción da instalación de plutonio en Clinton Engineer Works en Oak Ridge o 2 de febreiro de 1943. O reactor acadou o seu punto crítico o 4 de novembro de 1943, e produciu o primeiro plutonio a comezos de 1944. Forneceu ó Laboratorio de Los Alamos coas primeiras cantidades significativas de plutonio. Os estudos destas mostras producidas foron de gran influencia para o deseño das bombas. O reactor e a planta de separación química forneceron unha experiencia de gran valor ós enxeñeiros, técnicos, operadores e oficiais de seguridade que se trasladarían posteriormente ás instalacións de Hanford Engineer Works. O reactor operou como unha planta de produción de plutonio ata xaneiro de 1945, cando pasou a utilizarse para actividades de investigación e para a produción de isótopos radioactivos para usos científicos, médicos, industriais e agriculturais. Pechouse en 1963 e foi designado Fito Histórico Nacional dos Estados Unidos en 1965.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Reactor_de_grafito_X-10&oldid=4579308"