Real Academia Galega de Ciencias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Real Academia Galega de Ciencias
Fundación:23 de abril de 1977 (42 anos)
Presidente:Juan Manuel Lema Rodicio
Membros:Académicos numerarios 40 Académicos correspondentes 60
http://www.ragc.gal

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) é unha sociedade científica impulsada polo matemático Enrique Vidal Abascal [1], quen foi o seu primeiro presidente, e posteriormente o presidente de honra.

A súa creación foi o día 23 de abril de 1977 e ten a súa sede na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.[2]

O 23 de abril de 2008, a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o primeiro Día do Científico Galego (instituído por esta corporación), no que dedicou unha homenaxe ao matemático Vidal Abascal, con motivo do centenario do seu nacemento.

En 2011 foi nomeado presidente da Academia o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que foi substituído ao seu falecemento por Miguel Ángel Ríos. En 2019 o catedrático da USC Juan Manuel Lema Rodicio tomou posesión como novo presidente da institución.

Académicos[editar | editar a fonte]

Ciencias Sociais e Económicas[editar | editar a fonte]

Ciencias Técnicas[editar | editar a fonte]

  • Odón Abad Flores, incorporouse en 1979
  • Ramón de Vicente, incorporouse en 2000
  • Antonio Rigueiro, incorporouse en 2002
  • Fernando Pérez González, incorporouse en 2014
  • Senén Barro, incorporouse en 2015
  • Ramón Doallo Biempica, incorporouse en 2015[3]
  • Pedro Merino Gómez, incorporouse en 2015
  • Juan Manuel Lema Rodicio, incorporouse en 2016
  • José Juan Pazos Arias, incorporouse en 2016

Farmacia e Bioloxía[editar | editar a fonte]

  • Jesús Méndez Sánchez, académico fundador
  • Rafael Tojo, incorporouse en 1984
  • Manuel Pereiro Miguens, incorporouse en 1986
  • María José Alonso, incorporouse en 2014
  • Anxo Carracedo, incorporouse en 2014
  • Alicia Estévez, incorporouse en 2014

Matemáticas, Física e Física do Cosmos[editar | editar a fonte]

  • Luís Cordero, incorporouse en 1979
  • Gerardo Rodríguez López, incorporouse en 1979
  • Félix Vidal Costa, incorporouse en 1992
  • Vicente Pérez Villar, incorporouse en 1998
  • Juan José Nieto Roig, incorporouse en 2016
  • José Rivas Rey, incorporouse en 2017
  • Wenceslao González Manteiga, incorporouse en 2018

Química e Xeología[editar | editar a fonte]

  • Fernando Fraga, incorporouse en 1987
  • Franco Fernández, incorporouse en 1993
  • Manuel Freire Rama, incorporouse en 1998
  • Antonio Ballester , incorporouse en 2004
  • Miguel Ángel Ríos, incorporouse en 2004
  • Juan Ramón Vidal Romaní, incorporouse en 2015
  • Manuel Arturo López Quintela, incorporouse en 2017
  • Pilar Bermejo Barrera, incorporouse en 2018

Día da Ciencia en Galicia[editar | editar a fonte]

O 23 de abril de 2008, a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o primeiro Día do Científico Galego, que en 2014 pasou a chamarse Día da Ciencia en Galicia. Os homenaxeados ata a data son:

Presidentes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Real_Academia_Galega_de_Ciencias&oldid=5228628"