Rectángulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un rectángulo.

Un rectángulo é un paralelogramo cuxos catro lados forman ángulos rectos entre si. Os lados opostos teñen a mesma lonxitude.

Propiedades.
  • Se un paralelogramo ten un ángulo recto é un rectángulo.
  • As diagonais son iguais, córtanse no punto chamado centro.
  • Calquera segmento que atravesa o centro e se une a dous puntos de lados paralelos, é bisecado polo centro.
  • A diagonal dun rectángulo inscrito é o diámetro da circunferencia circunscrita.
  • Un rectángulo que ten os seus catro lados iguais é un cadrado
  • O corpo de revolución xerado por un rectángulo, respecto dun eixo que conteña ao carón, é un cilindro.

Medidas[editar | editar a fonte]

Perímetro

O perímetro, L, dun rectángulo de base b e altura h é:

L = 2b + 2h
Área
  • A área, A, dun rectángulo de base b e altura h é:
A = b h
  • siendo s= semiperímetro= a+h; d = diagonal
  • ; d = diagonal, α = ángulo entre as diagonales

Rectángulos con nome de seu[editar | editar a fonte]

Rectángulo áureo
  • O cadrado pódese considerar un caso particular do rectángulo, no que todos os seus lados teñen a mesma lonxitude.
  • O rectángulo áureo, tamén denominado rectángulo de ouro ou rectángulo Φ, é o rectángulo cuxos lados están en razón áurea. Se b e h son os lados, b/h = Φ. Para construílo a partir dun cadrado de lado AB, basta con determinar o punto medio M dun dos lados AB, e trazar, con centro no punto M, unha circunferencia que pase por un dos vértices C ao lado oposto.
Véxase tamén: Número áureo.
Representación gráfica dun rectángulo tridimensional
  • Rectángulo (rectángulo raíz de 2), aquel cuxa relación entre base e altura é igual á raíz cadrada de dúas. Se b e h son os lados, b/h = . O interese deste rectángulo radica en que se é dividido en dúas metades, polo seu lado máis longo, os dous novos rectángulos obtidos ten cada un a metade de área có orixinal, pero exactamente as súas mesmas proporcións. É por iso que, entre outros usos, é o formato empregado para dimensionar as follas de papel segundo a norma DIN. Construción partindo do cadrado: de xeito semellante ao rectángulo áureo, trázase con centro no punto A, unha circunferencia que pase polo vértice oposto C.
  • Dobre cadrado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rectángulo&oldid=5102519"