Referendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Un referendo é un procedemento xurídico polo que se somete a votación popular unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento, é dicir a súa ratificación ou non.

É o mecanismo de democracia directa por antonomasia.

Na Constitución española vixente recoñécense dous tipos de referendos, un de carácter consultivo atópase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobación de estatutos de autonomía.

Clasificación[editar | editar a fonte]

  • Pódense atopar diferentes clasificacións. Unha clasificación non exclúe a outra, pódense dar diferentes combinacións.
  • Segundo o obxecto: Referendo de independencia: Se o obxecto é a declaración de independencia. Referendo constitucional: Se o obxecto é tema relacionado cunha constitución. Referendo legal: Se o obxecto está relacionado cunha lei. Referendo revogatorio: Se o obxecto é revogar un mandato de elección popular.
  • Segundo o fundamento: Referendo obrigatorio ou preceptivo: Se o fundamento da súa celebración é a esixencia propia do ordenamento. Referendo facultativo: Se o fundamento é a convocatoria dun órgano concreto. En caso de ser ademais consultivo a figura aproximaríase ao concepto de plebiscito. Referendo decisorio: Cando o resultado faise efectivo e vinculante. Referendo consultivo: Cando o resultado implica unicamente a manifestación da vontade xeral ou popular de forma non vinculante. En caso de ser ademais facultativo a figura aproximaríase ao concepto de plebiscito. Plebiscito: De plebi (a plebe, plebeyos, pobo) e scito do latín (ter en conta). Tamén se pode encadrar como un tipo de referendo facultativo e consultivo ao ser un modelo próximo, pero o pronunciamento popular non constitúe unha expresión da vontade xeral ou popular senón un instrumento de lexitimación dun poder persoal de corte autocrático polo que se considera unha categoría independente. Referendo constitutivo ou de ratificación: Cando o efecto é aprobar unha disposición.
  • Segundo o seu carácter: Referendo propositivo: A través del poderanse propoñer novas leis. Referendo abrogativo: Poderá derrogar leis vixentes de igual ou menor xerarquía que as propostas. Referendo aprobativo: mediante este referendo poderán aprobarse leis que cheguen ao parlamento por vías participativas, como as Iniciativas Lexislativas Populares (ILP), ou lexislativas.
  • Segundo os seus efectos: Referendo vinculante: Cando o resultado ten validez xurídica. Pode ser necesario que haxa un mínimo de participación cidadá (quórum). Se veredito do pobo no referendo non ten eficacia xurídica directa fálase de referendo consultivo.
  • Uso na democracia directa de Suíza: Segundo a Constitución Suíza, o pobo suízo dispón de dous tipos de ferramentas de participación cidadá: o referendo (facultativo ou obrigatorio) e a iniciativa lexislativa popular. Se unha iniciativa popular reúne o mínimo de sinaturas, a proposta sométese a referendo. Todos os referendos son vinculantes. O pobo suízo pode derrogar unha lei ratificada polo Parlamento, se se reúnen 50.000 sinaturas nun espazo de cen días tras a promulgación da lei, para obrigar ao goberno a someter o asunto a votación pública, mediante un referendo facultativo. Se a decisión parlamentaria atinxe normas constitucionais ou o dereito internacional precísase o referendo obrigatorio. A nivel federal, un asunto que estea suxeito a unha iniciativa popular ou a un referendo obrigatorio só é aprobado, se se consegue unha dobre maioría, (maioría en electorado e cantóns). Tamén existe a ferramenta da iniciativa popular e referendo a nivel municipal e cantonal.
  • Efecto indirecto: A posibilidade de realizar un referendo vinculante despois de aprobar unha lei no parlamento, adoita provocar que os partidos políticos teñan máis coidado antes de aprobalas, prestando máis atención á opinión dos cidadáns, xa que todo o seu traballo podería ser inútil .
  • Regulación e uso en América Latina: A activación de referendos non é unha novidade en América Latina, como tampouco é unha particularidade de réximes democráticos. Durante o século XX, varios países da rexión convocaron referendos, tanto durante gobernos autoritarios (Bolivia 1931, Chile 1978, 1980), como en democracias fráxiles (Perú 1919, Uruguai 1942, Brasil 1963) e en democracias consolidadas ou en consolidación (Arxentina 1984, Uruguai en numerosas ocasións). Con todo, nas últimas décadas houbo un incremento na cantidade de consultas e tamén cambios substantivos na crecente regulación de mecanismos de democracia directa (MDD). A maioría dos referendos convocados antes dos noventa e mesmo varios dos convocados posteriormente, producíronse a pesares de non existir marcos regulatorios para as devanditas activacións. Aínda que hai excepcións, en Uruguai e Venezuela o referendo fora introducido nas constitucións de 1934 e 1961 respectivamente. Con todo, nestes casos, os cidadáns non podían activar MDD desde abaixo. En 1970 un só país de América Latina regulaba a activación de MDD por parte da cidadanía, pola vía de reunión de sinaturas, entre outros requisitos (Uruguai, Constitución de 1967). Para 2015 de 18 países da América latina continental e República Dominicana, 9 inclúen estes mecanismos, nunha onda iniciada coa Constitución colombiana de 1991. De forma semellante, na actualidade son once os países que regulan o referendo obrigatorio, principalmente para ratificar cambios constitucionais. Só uns poucos países non permiten ás autoridades (presidente ou congreso) chamar a consulta (O Salvador, Panamá, Paraguai e Perú).
  • Algúns exemplos son:
  • En 1936 en Galicia sobre o Estatuto de Autonomía de 1936
  • En Irlanda, cando a Constitución do Estado Libre irlandés foi substituída pola Constitución de Irlanda polo plebiscito o 1 de xullo de 1937.
  • En 1978 o referendo sobre a constitución española de 1978.
  • En 1980, o primeiro referendo sobre a independencia de Quebec.
  • O referendo de 1980 en Chile onde se votou pola aprobación da Constitución de 1980, asinada e redactada polo goberno de Augusto Pinochet, que é a que rexe actualmente. En Chile esta Constitución foi obxecto de dúbidas polo seu carácter antidemocrático e ilexítimo da súa orixe, xa que ademais considérase que o seu referendo foi fraudulento. Con todo, por aplicación do principio de Seguridade Xurídica tense por consolidada, mesmo polos detractores do réxime de Pinochet.
  • En 1980 en Galicia o referendo sobre o estatuto de autonomía.
  • O referendo sobre a permanencia de España na OTAN en 1986.
  • O referendo de 1988 en Chile onde se votou pola non continuidade do réxime de Augusto Pinochet.
  • En 1992, o referendo en Canadá sobre o Acordo de Charlottetown. En 1993, o referendo no Perú para aprobar a nova constitución redactada polo Congreso Constituínte Democrático.
  • En 1995, o segundo referendo sobre a independencia de Quebec.
  • En 1999, producíronse 2 referendos en Venezuela, un para convocar unha Asemblea Nacional Constituínte e outro para a aprobación da nova constitución de Venezuela.
  • En 2003, cando Andrés Manuel López Obrador convocou aos habitantes do Distrito Federal (México) a votar sobre a continuidade do seu goberno 3 anos máis e gañou o referendo con máis do 75% dos votos. En 2004, o difundido referendo revogatorio convocado en Venezuela para que os votantes avaliasen o desempeño do Presidente Hugo Chávez, onde resultou gañador.
  • Os diversos referendo de ratificación do Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa en varios países da Unión Europea.
  • En 2006, o importante Referendo de ampliación da Canle de Panamá, o cal foi aprobado.
  • En 2007, referendo en Costa Rica para aprobar un tratado de libre comercio con América Central, República Dominicana e Estados Unidos coñecido como CAFTA-RD aprobado cun 51.62% a favor e un 48.38% en contra.
  • En 2007, referendo en Venezuela para aprobar a reforma constitucional proposta polo Presidente da República Hugo Chávez que non foi aprobado.
  • En 2011, o Referendo sobre a independencia do Sudán do Sur de 2011, realizado entre o 9 e o 15 de xaneiro de 2011, co cal o goberno autónomo promulgou unha constitución transitoria, efectiva desde o 9 de xullo de 2011, data en que a independencia fora declarada oficialmente. Este referendo establece o primeiro antecedente mundial de independencia a través do voto popular.
  • En 2011 en Paraguai para decidir o dereito ao voto dos paraguaios que viven no estranxeiro.
  • En 2014 en Escocia para dedidir sobre a súa independencia do Reino Unido
    • En 2016 no Reino Unido para se desvincularen da Unión Europea.
    • En 2016 en Colombia para finalizar o conflito coas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia
    • En 2017 en Venezuela a Asamblea Nacional facultada polo artigo 71 da Constitución venezolana realízase un plebiscito​ en respuesta á crise institucional do país a causa da creba da orden constitucional cometido polo Tribunal Supremo de Xustiza e mais pola asemblea nacional constituínte convocada polo Presidente violando o artigo 347 da devandita constitución.
  • Véxase tamén: Democracia participativa Iniciativa lexislativa popular. Listas abertas. Política de Suíza. Referendos en España Referendo obrigatorio Referendo facultativo Secessio plebis
  • Bibliografía: Ordás, D., (2012). España merécese...Democracia Directa. Zumaque. ISBN 978-84-938222-86. Constitución Federal da Confederación Suíza do 18 de abril de 1999 (situación en data do 27 de setembro de 2009) Véasen artigos 138 a 142.
  • Referencias[editar] Volver arriba ? Definición RAE, referendo Volver arriba ? Dereitos políticos do cidadán, Departamento Federal de Asuntos Exteriores, Portal de Suíza Volver arriba ? Que é un referendo?, swissinfospanisch Volver arriba ? Welp, Yanina (2010). «e l referendo en América Latina Deseños institucionais e equilibrios de poder». Nova Sociedade 228: 26-42.
  • Páxinas externas[editar] Dereitos políticos do cidadán, Departamento Federal de Asuntos Exteriores, Portal de Suíza Référendum populaire,Dictionnaire historique da Suisse Teoría do Referendo e modelos de Democracia Participativa, Monografía
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Referendo&oldid=4936421"