Referendo de autonomía de Galicia de 1936

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
             Galicia             
Referendo do estatuto de autonomía
28 de xuño de 1936
Debate(s) Plebiscito do estatuto

Demografía electoral
Hab. inscritos 1 343 135
Votantes 1 000 963
Participación
  
74.56%
Si
  
99.24%
Non
  
0.76%
Branco
  
0.97%

O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.

Ánxel Casal convida os outros alcaldes a acudir ó Congreso o 15 de xullo.

O 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Tafall e Rajoy (representando ó Comité), os presidentes das catro xestoras provinciais (en función de Deputacións), os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago, Vigo, Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular (Castelao, Elpidio Villaverde, Fernández de la Vega, Ramón Beade, Alfredo Somoza, Celestino Poza, Guiance Pampín etc.).

En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día 18 rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando nacional en Galicia tras o Alzamento nacional.

Resultados[editar | editar a fonte]

Opción Votos %
A prol 993 351 99,24
En contra 6 161 0,76
Inválidos/Votos en branco 1 451
Total 1 000 963 100
Votantes rexistrados/Participación 1 343 135 74,56%
Fonte: Direct Democracy

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Referendo de autonomía de Cataluña de 1931
  • Referendo de autonomía do País Vasco de 1933



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Referendo_de_autonomía_de_Galicia_de_1936&oldid=4807749"