Regato de Saímes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Regato de Saímes
NOVO ENCORO.JPG
Novo encoro de Unión Fenosa no Ulla
País España España
rexión Galicia Galicia
Nacemento Branzá (Arzúa)
Desembocadura Río Ulla

O regato de Saímes é un afluente do río Ulla.

Nace na parroquia de Branzá (Arzúa). Discorre polos lugares de Remesil e Trasbar, na parroquia de Dombodán. Tras recibir as augas do rego da Ufa, que vén separando as parroquias de Turces (Touro) e Branzá (Arzúa), segue de fronteira entre estes concellos.

Desemboca no río Ulla á altura da Pena da Vella. Porén esta desembocadura foi modificada trala construción dun encoro un quilómetro máis abaixo.

No inverno adoita desbordarse nos Prados de Saímes, de onde colle o nome. No lugar das Hortas, preto do monte dos Muíños, forma a fervenza das Hortas, de 32 metros de caída.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Regato_de_Saímes&oldid=4841756"