Reggie White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Reggie White
19981213 28 Reggie White, Lambeau Field.jpg
No. 91, 92
Posición:Defensive end
Información persoal
Nacemento:19 de decembro de 1961
Lugar:Tennessee Chattanooga, Tennessee
Falecemento:26 de decembro de 2004 (43 anos)
Lugar:Carolina do Norte Cornelius, Carolina do Norte
Altura:6 ft 5 in (1.96 m)
Peso:300 lb (136 kg)
Información da carreira
Instituto:Chattanooga (TN) Howard
Universidade:Tennessee
NFL Draft:1984 / Rolda: 1 / Pick: 4
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XXXI)
  • 3× MVP da NFL (1995–1997)
  • 13× Pro Bowl (1986–1998)
  • 10× Primeiro equipo All-Pro (1986–1993, 1995, 1998)
  • 2× Xogador defensivo do ano (1987, 1998)
  • #92 Retirado por Philadelphia Eagles
  • #92 Retirado por Green Bay Packers
  • #92 Retirado por Tennessee Volunteers
Estatísticas NFL
Sacks:198.0
Fumbles forzados:33
Intercepcións:3
Touchdowns:3
Estatísticas en NFL.com

Reginald Howard White, nado o 19 de decembro de 1961 en Chattanooga, Tennessee, e falecido o 26 de decembro de 2004, foi un xogador profesional de fútbol americano estadounidense que se desenvolvíaa na posición de Defensive end. A maior parte da súa carreira xogou para os Philadelphia Eagles e os Green Bay Packers da National Football League (NFL), aínda que tamén formou parte durante unha temporada dos Carolina Panthers. Co equipo de Green Bay conseguiu gañar a súa única Super Bowl (XXXI).

A nivel universitario formouse na Universidade de Tennessee, onde foi recoñecido como All-American. Despois de xogar dúas temporadas como profesional para os Memphis Showboats da United States Football League (USFL), foi seleccionado na primeira rolda do Draft suplementario da NFL de 1984. Tras unha carreira de 15 temporadas, converteuse nun dos xogadores máis premiados na historia da competición. Durante a súa carreira profesional foi tamén coñecido por ser ordenado ministro evanxélico, o que levou a que fose coñecido co alcume de "the Minister of Defense" (do inglés: o Ministro de Defensa).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reggie White. Minister of Defense". 1983 Football Program - UT vs Georgia Tech (en inglés). 22-10-1983. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 05-07-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Reggie_White&oldid=4882704"