Rego de Trabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rego de Trabe
Rego de Trabe A Zapeteira.jpg
O rego preto do seu nacemento na Zapateira.
PaísGaliza Galiza
NacementoA Zapateira
Altitude200 m
Lonxitude7 Km
DesembocaduraAcea de Ama, ría do Burgo

O rego de Trabe, ás veces chamado río Trabe, nace nos altos do monte da Zapateira, nunha zona que foi un campo de mámoas[1], a uns 200 metros de altitude no concello de Culleredo e discorre polo concello ata desembocar na ría do Burgo en Acea de Ama.

Descrición[editar | editar a fonte]

O rego de Trabe nace nos altos da Zapateira, preto do campo de golf, na chaira que forma o alto do monte da Zapateira. Descende rápidamente entre penedos e rochas graníticas formando unha pequena fraga na súa cunca rodeada de plantacións de eucaliptos. O rego medra de caudal coas achegas de pequenos regatos e mananciais. Ao chegar aos Montes de Chans, na actual AC-14, o río troca a unha paisaxe chan de prados e pequenas fragas nas que discorre. Na N-550 o rego de Trabe xúntase co seu principal afluente, o rego do Castro que tamén nace na Zapateira a 1,5 km do nacemento do Trabe. No seu treito final, é xa urbanizado, discorre entre parques e paseos ata chegar aos muíños de Acea de Ama na ría do Burgo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Os primeiros habitantes da área xeográfica coruñesa na investigación arqueolóxica". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Luís Monteagudo, Necrópolis de Mámoas de A Zapateira (A Coruña). Anuario Brigantino.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rego_de_Trabe&oldid=4907977"