Reino de Galicia e Lodomeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino de Galicia e Lodomeria
1772 — 1918
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Situación de Galicia
Situación do reino de Galicia-Lodomeria en Europa
Capital Lemberg (Lwów, Lviv)
Goberno Monarquía
Rei
 • 1772-1790 Xosé II de Habsburgo
 • 1804-1835 Francisco I de Austria
 • 1848-1916 Francisco Xosé I
 • 1916-1918 Carlos I de Austria e IV de Hungría
Lexislatura Dieta
Historia
 • Establecido 1772
 • Disolución 1918

O Reino de Galicia e Lodomeria foi un reino dependente da monarquía dos Habsburgo, o Imperio austríaco e o Imperio austrohúngaro, entre 1772 e 1917, e independente desde o 26 de xullo de 1917 até o 14 de novembro de 1918 (como a República Nacional de Ucraína Occidental).

Comprendía as rexións centroeuropeas de Galicia e Volinia.

Esta rexión histórica da parte oriental de Europa Central está actualmente dividida entre Polonia e Ucraína. O núcleo da Galicia histórica encóntrase nas rexións de Ucraína occidental das óblast de Lviv (Lemberg, en alemán), Ternopil e Ivano-Frankivsk.

Nome oficial[editar | editar a fonte]

  • En alemán: Königreich Galizien und Lodomerien mit dem Großherzogtum Krakau und den Herzogtümern Auschwitz und Zator.
  • En polaco: Królestwo Galicji i Lodomerii wraz z Wielkim Księstwem Krakowskim i Księstwem Oświęcimia i Zatoru.
  • En ucraíno: Королівство Галичини і Лодомерії
  • En húngaro: Galícia és Lodoméria királysága Krakkó nagyhercegségével és Auschwitz és Zator hercegséggel.
  • En galego: Reino de Galicia e Lodomeria co Gran Ducado de Cracovia e os Ducados de Auschwitz e Zator.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Galicia (Europa Central).
Mapa físico do Reino de Galicia e Lodomeria 1846-1918.

En 1772, a Galicia era a parte máis importante anexionada por Austria na primeira repartición de Polonia.

A rexión austríaca da Polonia, que formaría parte máis tarde de Ucraína, era coñecida co nome de Galicia, mentres que a zona do norte de Hungría anexionada coñecíase na época como Lodomeria. Deste xeito costituíuse o Reino de Galicia e Lodomeria.

Por outra parte, despois da terceira repartición de Polonia, gran parte da terra polaca do occidente (a Nova Galicia) engadiuse á xa existente provincia de Galicia.

Lemberg foi a capital da Galicia austríaca, que estaba dominada en gran parte pola aristocracia polaca, aínda que a poboación fose case toda ucraína ou rutena.

Numerosa era tamén a poboación xudía na zona, concentrada na parte oriental da provincia.

Durante o primeiro decenio do goberno austríaco, Galicia foi gobernada directa e firmemente desde Viena, que fixo moitas e significativas reformas na burocracia local, levadas a cabo por alemáns e checos xermanizados.

A aristocracia tiña garantidos os seus dereitos, aínda que estes foron considerabelmente limitados. A servidume, neste contexto da reforma, non foi eliminada, pero en cambio foi sometida a unha lei que garantía aos seus compoñentes algunhas liberdades individuais, como a liberdade de matrimonio. As súas obrigas de traballo foron definidas e limitadas, e non estaban excluídos da xustiza ordinaria.

O Sejm de Galicia, en Lemberg (actual Lviv).

En 1859, a consecuencia das derrotas militares austríacsas en Italia, o Imperio austríaco entrou nun período de reformas costitucionais e, en 1860, o goberno de Viena emitiu o Diploma de outubro co cal se realizou unha primeira federación do imperio coa conseguinte descentralización das súas institucións.

Así, en 1861 o Reino de Galicia e Lodomeria obtén a posibilidade de dispoñer dunha asemblea lexislativa (o Sejm de Galicia).

O Reino de Galicia e Lodomeria continuou a costituír parte integrante do Imperio austrohúngaro até a súa disolución como consecuencia da derrota do exército imperial á fin da Primeira Guerra Mundial.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Moi pronto foron reestruturados os territorios polacos adquiridos na primeira partición de Polonia, que eran coñecidos como Kreise (círculos) (voivodatos en Polonia). En novembro de 1773 creáronse 59 Kreisdistriktes (distritos administrativos, mentres que os círculos foron suprimidos. Algúns ex voivodatos incorporáronse completamente, mentres que a maioría deles só o foron parcialmente. Entre eles estaban o ex voivodato de Belz, Rutenia, Cracovia, Lublin, Sandomierz e Podolia. Tamén durante a guerra ruso-turca de 1769 Bucovina foi ocupada polo Imperio ruso que a cedeu en 1774 ao Imperio austríaco como unha "mostra de aprecio".

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Divisións administrativas
Imperio austrohúngaro en 1910:
O número 6 corresponde a Galicia - Lodomeria.
Cambios territoriais de Galicia, 1772-1918.
Divisións administrarivas do Reino de Galicia-Lodomeria en 1914.
Bucovina. División en 1940: A parte norte, para a Unión Soviética; a parte sur, para Romanía.
Mapa físico da República de Cracovia
República de Cracovia entre os seus tres veciños (Prusia, Austria e Rusia).

O Reino dividiuse en numerosos condados (powiat) que, en 1914, eran uns 75.[1]

Ademais de ser Lwów (hoxe Lviv) a capital do reino, Cracovia era considerada como a capital non oficial da parte occidental de Galicia, sendo a segunda cidade máis importante da rexión.

  • Belz (en polaco: Bełz, en yiddish: Beltz)
  • Berezhany (en polaco: Brzeżany)
  • Biecz (en alemán: Beitsch, en ucraíno Беч, Bech)
  • Bochnia (en alemán: Salzberg)
  • Boryslav (en polaco: Borysław)
  • Brody (en yiddish: Brod)
  • Busk
  • Buchach (en polaco: Buczacz)
  • Chortkiv (en polaco: Czortkow)
  • Chrzanów
  • Dukla (en ucraíno: Дукля, Duklia)
  • Drohobych (en polaco: Drohobycz)
  • Gorlice (en ucraíno: Горлиці, Horlytsi, German: Gorlitz)
  • Halych (en polaco: Halicz, en alemán: Halitsch, en yiddish: Galits)
  • Husiatyn
  • Jarosław (en alemán: Jaroslau, en ucraíno: Ярослав, Yaroslav)
  • Jasło (en alemán: Jassel)
  • Kalush (en polaco: Kałusz)
  • Kolomyia (en alemán: Kolomea, en polaco: Kołomyja, en romanés: Colomeea, en yiddish: Kolomay)
  • Kozova (en polaco: Kozowa)
  • Kraków (en alemán: Krakau, en yiddish: Kruke)
  • Krosno (en alemán: Krossen, en ucraíno: Коросно, Korosno)
  • Lesko (en ucraíno: Лісько, Lisko, en yiddish: Linsk)
  • Leżajsk (en alemán: Lyschansk, en yiddish: Lizhensk)
  • Limanowa (en alemán: Ilmenau)
  • Lviv (en alemán: Lemberg, en polaco: Lwów, en yiddish: Lemberik)
  • Łańcut (en alemán: Landshut)
  • Machliniec
  • Myślenice (en alemán: Mischlenitz)
  • Nadvirna (en polaco: Nadwórna)
  • Nowy Sącz (en alemán: Neu Sandez, en yiddish: Zanz)
  • Oświęcim (en alemán: Auschwitz, en yiddish: Oshpetsin)
  • Peremyshliany (en polaco: Przemyślany)
  • Przemyśl (en ucraíno: Перемишль, Peremyshl)
  • Pidhaytsi (en polaco: Podhajce)
  • Rava-Ruska (en polaco: Rawa Ruska, en yiddish: Rave)
  • Rohatyn
  • Rymanów (en alemán: Reimannshau)
  • Rzeszów (en yiddish: Rejsza, en ucraíno: Riashiv, en alemán: Reichshof)
  • Sambir (en polaco: Sambor)
  • Sanok (en ucraíno: Сянік, Sianik, en yiddish: Sonik, en húngaro: Sánók)
  • Stanyslaviv (en polaco: Stanisławów, en alemán: Stanislau, en yiddish: Stanislev, hoxe: Ivano-Frankivsk)
  • Terebovlia (en polaco: Trembowla)
  • Ternopil' (en polaco: Tarnopol)
  • Tarnów (en ucraíno: Тарнів, Tarniv, en alemán: Tarnau)
  • Tomaszów Lubelski (en ucraíno: Tomashiv Liublinskyi)
  • Truskavets (en polaco: Truskawiec)
  • Wieliczka (en alemán: Groß Salze)
  • Zalishchyky (en polaco: Zaleszczyki)
  • Zator (en alemán: Neuenstadt an der Schaue)
  • Zolochiv (en polaco: Złoczów, en yiddish: Zlotshev)
  • Zhovkva (en polaco: Żółkiew)
  • Żywiec (en ucraíno: Живець, Zhyvets, en alemán: Saybusch)

Outras entidades administrativas[editar | editar a fonte]

Nova Galicia

Parte do reino desde 1795 a 1809; desde 1803, unidade administrativa separada.

  • Biała Podlaska
  • Chełm
  • Józefów
  • Kielce
  • Końskie
  • Kraków
  • Lublin
  • Łuków como Radzyń Podlaski
  • Mińsk como Wiązowna
  • Radom
  • Sandomierz, desde 1798 como Opatów
  • Siedlce
Territorio de Bucovina

Parte do reino desde 1775 a 1849 (Ducado de Bucovina)

Cidade Libre de Cracovia

Cidade Libre (República) protexida por Prusia, Austria e Rusia desde 1815 até 1846, parte do reino desde 1846.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Davies, Norman (2011): Vanished Kingdoms: The History of Half-Forgotten Europe. London: Allen Lane. ISBN 978-1-84614-338-0.
  • Hann, Christopher and Paul Robert Magocsi, eds. (2005): Galicia: A Multicultured Land. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-3781-X. Lectura parcial.
  • Magocsi, Paul Robert (1983): Galicia: A Historical Survey and Bibliographic Guide. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-2482-3. Lectura parcial.
  • Taylor, A.J.P. (1990): The Habsburg Monarchy 1809–1918. A History of the Austrian Empire and Austria-Hungary London: Penguin Books UK. Lectura parcial.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Reino_de_Galicia_e_Lodomeria&oldid=4055559"