Relixión matriarcal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A deusa das cobras é moitas veces utilizada como proba da existencia dun matriarcado primitivo aínda que non haxa probas de que esta imaxe represente unha deusa.

Unha relixión matriarcal é unha relixión que se concentra nunha deusa ou deusas.[1] O termo é frecuentemente utilizado para referirse ás teorías de relixións matriarcais prehistoricas que foron propostas por estudosos como Johann Jakob Bachofen, Jane Ellen Harrison, e Marija Gimbutas, e máis tarde popularizada pola segunda onda do feminismo.

Historia[editar | editar a fonte]

O concepto dun matriarcado prehistórico foi introducido en 1861 cando Johann Jakob Bachofen publicou Unha Investigación do Carácter Relixioso e Xurídico do Matriarcado no Mundo Antigo. El postulou que o patriarcado histórico é relativamente recente, substituíndo un estado anterior de matriarcado. Bachofen presenta un modelo onde a sociedade matriarcal e os cultos de misterio son a segunda das catro fases históricas do desenvolvemento da relixión. A primeira fase é a que el chama "hetaerismo", que se caracteriza pola existencia de cazadores coletores paleolíticos que practicaban a poligamia. A segunda fase é a neolítica, un estado matriarcal lunar da agricultura, cunha primeira forma da deusa Deméter dominante. Este foi seguido por un período "dionisíaco" de emerxencia do patriarcado, que finalmente conseguiu estabelecerse no período "apolíneo" do patriarcado e a aparición da civilización na antigüidade clásica.[2]

No inicio de 1900, a historiadora Jane Ellen Harrison presentou a teoría de que o panteón olímpico substituíu unha anterior adoración ás deusas da terra.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andersen, Margaret L.; Taylor, Howard Francis (2010). Sociology: The Essentials. Cengage Learning. p. 439. ISBN 9780495812234. 
  2. Bachofen, Johann Jakob (1992). Princeton University Press, ed. Myth, Religion, and Mother Right: Selected Writings. p. 93. ISBN 9780691017976. Consultado o 12 de decembro de 2012. 
  3. Wheeler-Barclay, Marjorie (2010). "Jane Ellen Harrison". En University of Virginia Press. The Science of Religion in Britain, 1860-1915. p. 231. ISBN 9780813930107. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Relixión_matriarcal&oldid=4776956"