René Clair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
René Clair
Clair & Satie, Relache1924.jpg
René Clair con Erik Satie, 1924
Nome completo René-Lucien Chomette
Nacemento 11 de novembro de 1898
Lugar París
Falecemento 15 de marzo de 1981
Lugar Neuilly-sur-Seine, Altos do Sena
Nacionalidade Flag of France.svgFrancia
Cónxuxe(s) Pamela Mason (1941–1964)
Clarissa Kaye (1971–1984)
Profesión Director
editar datos en Wikidata ]

René-Lucien Chomette, nado en París o 11 de novembro de 1898 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena, Illa de Francia) o 15 de marzo de 1981 foi un director de cinema francés, coñecido como René Clair.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu e medrou no distrito de Les Halles, en París, fillo dun vendedor de xabón. En 1917, con dezasete foi condutor de ambulancias durante a Primeira Guerra Mundial, antes de ser declarado inválido por unha ferida na espiña dorsal. As súas visións dos horrores da guerra quedaron plasmados no libro de poesía La Tête de l'homme, que non foi publicado. Trala guerra comezou a traballar como xornalista en L'Intransigeant.

Despois de coñecer a cantante de music-hall Damia e escribirlle cancións, invitouno a visitar os estudios Gaumont en 1920, onde se estaba a rodar un filme. Clari aceptou un papel protagonista en Le Lys de la vie entre outros. En 1922, converteuse en editor dun suplemento cinematográfico da revista Théâtre et Comœdia illustrés. Pouco despois traballou como axudante do director Jacques de Baroncelli.

En 1924 dirixiu o seu primeiro filme, Paris qui dort, e antes de ser exhibido Francis Picabia e Erik Satie pedíronlle que fixese unha curtametraxe para que fose amosado como parte do seu ballet dadaísta Relâche; así foi como creou Entr'acte e se converteu nun membro destacado da vangarda parisina.

Aínda que inicialmente se amosou escéptico sobre o cinema sonoro, logo deuse de conta das súas posibilidades creativas, explorando as súas ideas en filmes como Sous les toits de Paris ou À nous la liberté. Tras varios éxitos comerciais foi contratado por Alexander Korda para traballar en Inglaterra, onde realizou tres filmes coa colaboración de Robert E. Sherwood como guionista debido as limitacións lingüísticas de Clair.

En 1940 Clair e a súa familia, xunto con Julien Duvivier marcharon aos Estados Unidos como parte dun plan do goberno de Francia para establecer un centro de produción francés no país. Porén, cando chegaron a Nova York o plan xa non existía e foi directamente a Hollywood, onde varios estudios estaban interesados en contratalo.

A súa primeira experiencia estadounidense, The Flame of New Orleans, estreouse en 1941, o mesmo ano que o goberno de Vichy lle retirou a cidadanía francesa, que logo lle foi devolta. O filme fracasou, non sendo igual os seus seguintes filmes rodados nos Estados Unidos, especialmente, And Then There Were None.

Volveu definitivamente a Francia en 1946, cun contrato da RKO para rodar un filme no país. Durante a década de 1950 as novas xeracións de críticos considerárono un dos grandes representantes do cinéma de qualité e en 1960 entrou na Académie française.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Entr'acte (1924), curtametraxe
  • Paris qui dort (1924), curtametraxe
  • Le Fantôme du Moulin-Rouge (1925)
  • Le Voyage imaginaire (1926)
  • La Proie du vent (1927)
  • La Tour (1928) , curtametraxe
  • The Italian Straw Hat (1928)
  • Les Deux Timides (1928)
  • Sous les toits de Paris (1930)
  • Le Million (1931)
  • À nous la liberté (1931)
  • Quatorze Juillet (1933)
  • Le Dernier Milliardaire (1934)
  • The Ghost Goes West (1935)
  • Break the News (1938)
  • The Flame of New Orleans (1941)
  • Casei cunha bruxa (1942)
  • Forever and a Day (1943)
  • It Happened Tomorrow (1944)
  • And Then There Were None (1945)
  • Le silence est d'or (1947)
  • La Beauté du diable (1950)
  • Les Belles de nuit (1952)
  • Les Grandes Manœuvres (1955)
  • Porte des Lilas (1957)
  • Tout l'or du monde (1961)
  • Les Fêtes galantes (1965)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=René_Clair&oldid=4055563"