Requeixo de Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Requejo de Sanabria")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°1′50″N 6°44′33″O / 42.03056, -6.74250

Requeixo de Seabra
Localización
País España España
Bisbarra Seabra
Provincia Zamora
Comunidade Autónoma Castela e León Castela e León
Xeografía
Altitude 998 msnm
Superficie 46 km² km²
Demografía
Poboación 181 hab. (INE 2012)
Densidade 3,92 hab./km²
Xentilicio requeixelo/a
Outros datos
Código postal 49394
Alcalde Santiago Cerviño Silván (PP)

Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[1] O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «requeixelo» [2].

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.[3]

Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante[4], hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: Requeixo de Seabra desde 1991 ata 2004
1991 1996 2001 2004
264 230 188 164

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Ten grandes masas forestais de carballos e de xestas, destacando o Teixedelo, bosque con teixos e castiñeiros de máis de mil anos de idade. Esta declarado Lugar de importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Requejo na páxina web da Deputación de Zamora
  2. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  3. Requejo na páxina web Del norte de Castilla
  4. A. C. Z. FURMIENTU (13 DE MARZO DE 2016). "TALLER DAS FALAS DE SENABRIA" (PDF). www.furmientu.org. Consultado o 2018. 
  5. laopiniondezamora.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Requeixo_de_Seabra&oldid=4828783"