Retrato de María Tudor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Retrato de María Tudor
Maria Tudor1.jpg
ArtistaAntonis Mor
Data1554
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións109 cm × 84 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

O Retrato de raíña María Tudor (1554) é unha pintura realizada por Antonis Mor, óleo sobre táboa de medidas 109 x 84 cm. É un dos máis importantes retratos de Mor, de quen o Museo do Prado de Madrid garda a máis rica colección.

Descrición[editar | editar a fonte]

Representa á raíña inglesa María I de Inglaterra, que foi segunda esposa de Filipe II grazas a unha voda concertada por razóns políticas. O matrimonio durou só catro anos, xa que ela faleceu.

María viste un traxe de veludo italiano e un abrigo de cor morada. Na man dereita porta unha rosa, símbolo da dinastía Tudor. Nesta obra, os tons son apagados, pero a perfección técnica no debuxo e na representación da facianda da raíña convérteno nunha verdadeira obra mestra. De xeito moi sutil, Mor conseguiu embelecer e dignificar o aspecto pouco atractivo da raíña, que noutras efixies aparece como rubia, dunha palidez algo enfermiza e trazos máis enxoitos e avellentados.

O retrato foi encargo de Carlos V ó pintor, xa que a idea do casamento do seu fillo con ela foi idea do emperador. No momento da súa retirada a Yuste, o emperador levou o cadro consigo, sinal do aprecio que lle tiña. Consta que en 1600 xa estaba de volta en Madrid.

Deste retrato existe unha réplica ou segundo exemplar no Isabella Stewart Gardner Museum de Boston; atribúese a Mor con axuda de taller.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Retrato_de_María_Tudor&oldid=4281790"