Rexión Indomalaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rexión indomalaia")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ecozona indomalaia.

A rexión indomalaia é unha das oito ecozonas en que se dividiu o planeta. Abrangue a maior parte do Asia do sur e do sueste.

Anteriormente coñecíase en bioxeografía como rexión Oriental. A ecozona indomalaia esténdese desde Afganistán e Paquistán ao subcontinente Indio, o sueste de Asia e as provincias chinesas tropicais e subtropicais de Guangxi, Yunnan e Hainan. Cobre as maiores illas de Indonesia ata as illas de Bali ao sur, e Borneo ao norte, ao leste das cales se encontra a liña de Wallace, que delimita a fronteira desta ecozona coa de Australasia. A rexión indomalaia tamén inclúe as Filipinas, as terras baixas de Taiwán e as illas xaponesas de Ryukyu.

Principais subrexións ecolóxicas[editar | editar a fonte]

O World Wildlife Fund (WWF) divide a rexión indomalaia en 3 subrexiónxás que define como "reagrupacións xeográficas de ecorrexións que poden representar varios tipos de hábitats, pero que teñen fortes afinidades bioxeográficas especialmente a nivel taxonómico, por encima do de especie (xéneros, familias)".

A rexión indomalaia está historicamente definida desde o século XIX, no que Wallace a chamou rexión Oriental e subdividiuna en 4 subrexións zoolóxicas: India, Ceilanesa (Ceilán e sur da India), Indochina e Indomalaia (Sonda e Filipinas).[1]

Biomas[editar | editar a fonte]

Biomas.

A rexión comprende á súa vez os biomas seguintes:[2]

  • Selva tropical e subtropical: Constitúe a vexetación predominante en toda a rexión.
  • Selva seca
  • Bosque tropical de coníferas
  • Bosque temperado de frondosas
  • Bosque temperado de coníferas
  • Pradería
  • Pradería inundada
  • Praderías e matorrais de montaña
  • Deserto
  • Mangleiral

Características xerais[editar | editar a fonte]

A biorrexión Oriental ou Indomalaia ten unha superficie total de 7 500 000 km2, o seu clima é cálido ou moi cálido, ten moitas especies representativas tales como os rinocerontes, os orangutáns, pavo real, tigre, faisán e oso panda. Tamén ten flora representativa, como o rododendro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wallace, A.R. (1876): Die geographische Verbreitung der Thiere. - Deutsche Ausgabe von A.B. Meyer; Dresden: Verlag R. von Zahn.
  2. List of Ecoregions, TERRESTRIAL ECOREGIONS WWF

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wikramanayake, Eric; Eric Dinerstein; Colby J. Loucks; et al. (2002). Terrestrial Ecoregions of the Indo-Pacific: a Conservation Assessment. Island Press; Washington, DC.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 7°N 97°L / 7, -97

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rexión_Indomalaia&oldid=4660140"