Ribeiras de Lea, Castro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ribeiras de Lea
Igrexa Ribeiras de Lea, Castro de Rei.JPG
Igrexa de San Xoán de Ribeiras de Lea.
ConcelloCastro de Rei
Poboación579 hab. (2014)
Entidades de poboación11

San Xoán de Ribeiras de Lea é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 579 habitantes (300 homes e 270 mulleres), 57 máis ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

No lugar de Castro de Ribeiras de Lea estivo aberto o sanatorio psiquiátrico de San Rafael[1], construído pola Deputación de Lugo en 1953 e pechado en febreiro de 2012[2]. Estivo dirixido polo médico Ángel Usero Tiscar[3]. Neste centro morreu en 2012 Antón Moreda, que estivo máis de corenta anos interno e promoveu a publicación da revista Falemos entre 1982 e 1992.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Casa da cultura, alcumada coma O Guggenheim chairego
Carballeira 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ribeiras de Lea[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ribeiras de Lea no concello de Castro de Rei (Lugo)

O Agriño | As Areeiras | Os Campos | Castrillón | Castro de Ribeiras de Lea | O Chairo | O Muíño | Portalodoso | A Ribeira | A Silvosa | A Torre

Parroquias de Castro de Rei[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La joven que se arrancó los ojos, caso límite de un psiquiátrico caótico", artigo de Ernesto Sánchez Pombo en El País, 7 de agosto de 1984 (en castelán).
  2. "Las últimas imágenes del manicomio", artigo de Diana Mandiá en El País, 15 de febreiro de 2012 (en castelán).
  3. "El terrible caso del HospitalPsiquiatrico abandonado de San Rafael (Castro Ribera de Leas)", artigo no blog Diario de un pensionista, 16 de xaneiro de 2014 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ribeiras_de_Lea,_Castro_de_Rei&oldid=5218296"