Ricardo Conde Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Conde Salgado
Almanaque Gallego, 1898, p. 31, Ricardo Conde Salgado.jpg
Nacemento3 de abril de 1853
 A Coruña
Falecemento11 de setembro de 1938
 Villa Urquiza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Conde Salgado, nado na Coruña o 3 de abril de 1853 e finado en Villa Urquiza (Provincia de Entre Ríos) o 11 de setembro de 1938, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o ensino secundario na Coruña e Santiago de Compostela. En 1871 trasladouse a Madrid para cursar a carreira de Medicina e logo de dous anos de estudos decidiu emigrar á Arxentina. Comezou traballando no comercio e despois pasou á docencia e ao xornalismo. Colaborou en El Correo Español, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego, participou na fundación de La Prensa Española e dirixiu un tempo La Opinión. Foi profesor en varios centros privados e no Instituto Mercantil e catedrático de Xeografía Marítima, Historia e Lingua Castelá na Escola Naval Militar.

Obras[editar | editar a fonte]

Inauguración da emisión do programa de radio La Hora Gallega de Radio Patria de Buenos Aires, 1933
  • Misión civilizadora de los españoles en la conquista de América, premiada nos Xogos Florais organizados polo Centro Gallego.
  • Canto a Galicia, premiado nos Xogos Florais da Asociación Patriótica Española o 22 de outubro de 1904.
  • Los Municipios en la América Española (El Eco de Galicia, núms. 285-290, 1899).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ricardo_Conde_Salgado&oldid=4641165"