Ricardo García Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ricardo García Lago
Nacemento 20 de setembro de 1896
  A Coruña
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Ricardo García Lago, nado na Coruña o 20 de setembro de 1896, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliado ao Sindicato de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita nos anos 20. En 1921 foi detido por coacción. En abril de 1922 impartiu unha conferencia na Federación Obrera. Secretario da Confederación Regional Galaica desde finais de 1923, en substitución de José Suárez Duque, foi director de Solidaridad Obrera de 1923 a xaneiro de 1925. Membro do grupo anarquista Tierra e do grupo editor do periódico Tierra. Moi vixiado desde o inicio da Ditadura de Primo de Rivera, foi encarcerado en outubro de 1924 acusado de asasinar ao presidente da patronal ferrolá, sendo substituído nos seus cargos por Manuel Fandiño Ricart. Foi alumno de practicante en Santiago de Compostela nos anos 1924 e 1925. O 26 de marzo de 1925 asistiu á Asemblea rexional de Santiago, en representación da CNT da Coruña. Camareiro ata 1929, aprobou as oposicións e comenzou a traballar de practicante no Instituto Provincial de Hixiene e colaborou no seu Boletín. Foi elixido presidente do Colexio Oficial de Practicantes da Coruña en xullo de 1930. Moderou o seu ideario e achegouse a Casares Quiroga, amigo persoal, sen abandonar a militancia na CNT, que compaxinou coa da ORGA. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas César Guillán Bozo e Manuel Fernández Fernández, como delegado da sección VIR da Coruña. O 24 de maio de 1935 impartiu unha conferencia no Centro de Estudios Sociales Germinal co tema "Germinal: tribuna libre". Ao crearse a Fronte Popular mostrouse afín a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expulsado do seu traballo en 1937 e pasou varios anos en prisión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1918 con Palmira Muñiz Pérez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ricardo_García_Lago&oldid=4735239"