Ricardo de Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo de Barreiro
Ricardo de Barreiro.jpg
Nacemento2 de decembro de 1974 e 2 de novembro de 1974
LugarLousame
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
editar datos en Wikidata ]

Ricardo de Barreiro Calo, nado en Merelle-Lousame o 2 de decembro de 1974, é un actor, pintor, poeta e creador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, formouse no Teatro do Curro en Noia e en obradoiros de José Campanari.[1]

Como actor traballou en películas como Lobos sucios, El desconocido, Celda 211, 18 comidas, Encallados, Os xirasois cegos, Vilamor, Somos gente honrada, Pradolongo ou After, e en series como Matalobos, Luci, Amar es para siempre, Doctor Mateo, Fariña e O sabor das margaridas.

Como pintor expuxo as súas obras por Galicia.[2]

Como escritor é co-autor xunto con Rafael G. García e Xavier Estévez Montoto de Merda, un texto teatral no que exercía como único actor e que lle supuxo a súa entrada na escena teatral. En 2013 publicou o poemario Sobre o desamor e outras mariconadas, que inclúe varios cadros seus e que presentou como proposta escénica canda ao guitarrista Guillerme Fernández. En 2018 publica A+A, con ilustracións de RdeB.

Libros de poesía[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Siete mesas de billar francés, como o empregado da funeraria. Dir. Gracia Querejeta (2007)
  • Pradolongo, como Celestino. Dir. Ignacio Vilar (2008)
  • Carlitos y el campo de los sueños, elenco. Dir. Jesús del Cerro (2008)
  • Los girasoles ciegos, como Fernández. Dir. José Luis Cuerda (2008)
  • Celda 211, como Julián. Dir. Daniel Monzón (2009)
  • After, como Ramón. Dir. Alberto Rodríguez (2009)
  • Pájaros de papel, como Paco. Dir. Emilio Aragón (2010)
  • 18 comidas, como Nito. Dir. Jorge Coira (2010)
  • A cova, elenco. Dir. Felipe González (2011)
  • Vilamor, como Luís. Dir. Ignacio Vilar (2012)
  • Encallados, protagonista. TV movie (2013)
  • Somos gente honrada, como o adestrador. Dir. Alejandro Marzoa (2013)
  • El desconocido, como Víctor. Dir. Dani de la Torre (2015)
  • Lobos sucios, como Virutas. Dir. Simón Casal (2015)
  • La sombra de la ley, como xefe de quenda. Dir. Dani da la Torre (2018)
  • Sea Beast, como Santos. Dir. Felipe González (2018)

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Inútil, como Peras. Dir. Paco Rañal (2001)
  • Lobos, como Thor. Dir. Dani de la Torre (2004)
  • Sin plomo, como Ricardo. Dir. Jorge Saavedra (2006)
  • Bos días, elenco. Dir. Dani de la Torre (2006)
  • Servicio a domicilio, como Valentín. Dir. Jorge Saavedra (2006)
  • Summons, como un policía. Dir. Mario Carbajosa (2012)
  • Einstein-Rosen, como Teo. Dir. Olga Osorio (2016)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Merda
  • A piragua. Cía. CGD y Abrapalabra
  • As actas escuras. Cía. CDG
  • Sobre o desamor e outras mariconadas. Cía. Viscirón
  • O tolleito de Inishmaan. Cía. Contraproduccións

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Mención especial do xurado na VII Mostra de Curtas Vila de Noia por Servicio a domicilio (2005)
  • Premio especial na X Mostra de Curtas de Noia (2008)
  • Terceiro premio de teatro A Pousada das Ánimas de Boiro (2013)

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2011 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado
2012 Mellor actor secundario Matalobos (serie de televisión) Nomeado
2013 Mellor actor secundario Somos xente honrada Gañador
2016 Mellor actor secundario Lobos sucios Nomeado

Festival de Cans[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2006 Premio do xurado ao mellor actor Bos días Gañador
2017 Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Xúlio Abonjo) Einstein-Rosen Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ricardo de Barreiro". culturagalega.gal. Consultado o 23/12/2018. 
  2. "O actor Ricardo de Barreiro amósanos a súa faceta como pintor". crtvg.es. Consultado o 23/12/2018. 
  3. Estévez Iglesias, Adrián (09/04/2016). "Lecturas desde O Alcouce: 'Sobre o desamor e outras mariconadas'". pontevedraviva.com. Consultado o 22/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ricardo_de_Barreiro&oldid=5233601"