Robert Bresson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Robert Bresson, nado en Bromont-Lamothe o 25 de setembro de 1901 e finado o 18 de decembro de 1999, foi un director de cinema francés. A súa influencia no cinema levou a Jean-Luc Godard a escribir que "Robert Bresson é ao cinema francés o que Dostoievski á novela rusa e Mozart á música alemá".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe dos primeiros anos da súa vida, e mesmo hai dúbidas sobre o seu ano de nacemento. Fotógrafo nos seus inicios artísticos, Bresson rodou a súa primeira curtametraxe en 1934. Durante a Segunda Guerra Mundial pasou un ano nun campo de prisioneiros, experiencia que logo utilizou en Un condamné à mort s'est échappé ou Le vent souffle où il veut.

En cincuenta anos de carreira só dirixiu trece longametraxes, nas que plasmou a súa idea dos actores-modelo: os actores eran obrigados a repetir as tomas ata que a súa interpretación quedase libre de case calquera emoción. En 1975 escribiu Notes sur le Cinématographe, un influente libro sobre teoría do cinema.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Les Anges du péché (1943)
  • Les dames du Bois de Boulogne (1945)
  • Journal d'un curé de campagne (1951)
  • Un condamné à mort s'est échappé ou Le vent souffle où il veut (1956)
  • Pickpocket (1959)
  • Procès de Jeanne d'Arc (1962)
  • Au hasard Balthazar (1966)
  • Mouchette (1967)
  • Une femme douce (1969)
  • Quatre nuits d'un rêveur (1971)
  • Lancelot du Lac (1974)
  • Le diable probablement (1977)
  • L'Argent (1983)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Robert Bresson", ficha en They Shoot Pictures, Don't They? (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Robert_Bresson&oldid=4055087"